O Piñeiro celebra San Xoán cunha cea popular, cacharela e música

ACoruñaXa
A festa celebrarase o martes 23 de xuño no Campito, en Ordes, con menú popular, queima do meco e música con tres DJs
San xoan cacharela
8 Jun 2026

A Comisión de Festas do Piñeiro prepara unha nova celebración de San Xoán marcada polo ambiente de barrio, a tradición e a convivencia veciñal. A cita terá lugar o martes 23 de xuño no Campito, en Ordes, cun programa que combina cea popular, lume e música ata a madrugada.

A festa comezará ás 22.00 horas cunha gran cea na que se servirá polbo á feira, churrasco de porco, criouro, patacas, sobremesa, café, viño, refrescos e chupitos. Os tickets poden mercarse no Bar O Cárcere ou a través dos membros da comisión, con prazo ata o 19 de xuño.

Os prezos son de 40 euros para persoas adultas, 15 euros para nenos e nenas de 5 a 10 anos, e entrada gratuíta para menores de 5 anos.

A medianoite chegará un dos momentos máis agardados da noite, co acendido tradicional da cacharela e a queima do meco. A partir das 00.30 horas, a festa continuará coa música de DJ Hugo Carnota, DJ Jesusinho e DJ Marcos Penas.

A comisión tamén anunciou un sorteo de cinco consumicións a través das súas redes sociais, no que se poderá participar ata o luns 22 de xuño. Ademais, haberá bochinche a cargo da organización para todas as persoas que queiran achegarse a bailar e gozar dunha das noites máis tradicionais do ano.

0.1236720085144