A borrasca Claudia sacode Galicia con máis de 200 incidencias

GaliciaXa | LugoXa | ACoruñaXa | SantiagoXa | PontevedraXa | VigoXa | OurenseXa
A borrasca Claudia sacode Galicia con máis de 200 incidencias por vento e choiva, especialmente en Pontevedra e A Coruña. Houbo caída de árbores, postes e cables, inundacións e cortes de tráfico. Aemet mantén avisos amarelos para o xoves.
Borrasca-Claudia-Galicia
13 Nov 2025

A borrasca Claudia continúa a deixar consecuencias en Galicia. Nas últimas horas, o 112 rexistrou máis de 200 incidencias, relacionadas sobre todo coa caída de árbores, ramas, cables e postes, que afectaron á circulación en numerosos puntos da comunidade.

Segundo os datos do 112 Galicia, houbo 89 avisos por árbores caídas en estradas, 25 por cables e postes desprendidos, e 37 intervencións de prevención de risco, motivadas maioritariamente por acumulación de auga e elementos inestables.

Pontevedra e A Coruña, as máis afectadas

Por provincias, Pontevedra foi a máis castigada, con 92 incidencias, seguida de A Coruña, que chegou ás 74 ao longo da xornada. Lugo notificou 39 e Ourense 20.

En Pontevedra destacan os concellos de Vigo (20 avisos) e Vilagarcía (12), por diante de Ribeira (8) e Lugo (7).

En Monforte, dous árbores caeron na Praza da Estación, afectando ao acceso provisional polas obras e obrigando a Adif a habilitar un novo paso alternativo.

Accidentes, derrubes e danos materiais

En Cedeira (Redondela) un árboe caeu sobre unha vivenda, provocando danos materiais; e en Petelos (Mos) o derrubamento dun muro deixou unha vía cortada. Non houbo persoas afectadas.

Si houbo vítimas en Culleredo, onde faleceu un home de 36 anos nun accidente entre dous turismos e un camión na AC-523.

Peche de parques e risco de desbordamentos

En Lugo, o Concello mantén pechados os parques debido ao risco derivado das condicións meteorolóxicas.

A Xunta mantén activo o Plan Inungal, con especial vixilancia en Vigo, Redondela, Gondomar e Cee, ante o posible desbordamento dos ríos tras o incremento dos caudais.

Rexistros de choiva e vento

En Santa Comba acumuláronse 112,5 l/m² nun día e 169 l/m² en dúas xornadas. En Lesende (Lousame) e Costa (Rois) superáronse tamén os 70 l/m².

En Cervantes acadáronse 132 km/h de racha máxima de vento.

Previsión: continúa a inestabilidade

Este xoves non hai avisos laranxa activos en Galicia, pero si avisos amarelos por choiva no sur da Coruña, Pontevedra, Rías Baixas e oeste coruñés.

A comunidade seguirá baixo a influencia das baixas presións, con precipitacións localmente fortes no sur e oeste. O vento soprará do sur-sueste, xirando a sudoeste ao final do día.

⚙ Configurar cookies
0.078552007675171