A Biblioteca Rialeda en Perillo ofrece hoxe unha charla sobre Isabel Zendal e a Expedición Balmis

ACoruñaXa
Unha conferencia aberta ao público sobre a histórica expedición que levou a vacina da varíola a América
Biblioteca Rialeda en Perillo
8 Nov 2024

A Biblioteca Central Rialeda, situada en Perillo, organiza hoxe ás 18:30h unha charla de divulgación científica sobre "Isabel Zendal e a Expedición Balmis", impartida por Ana González Tizón, profesora de xenética na Universidade da Coruña e divulgadora científica.

Esta conferencia analizará a histórica expedición do século XIX que levou a vacina contra a varíola a América, onde Isabel Zendal tivo un papel fundamental nesta misión pioneira que salvou miles de vidas.

A actividade forma parte do proxecto "Ler para saber: a ciencia", unha iniciativa conxunta da biblioteca Rialeda e o CEIP Valle Inclán, recentemente premiada pola Xunta de Galicia por innovación en bibliotecas. A entrada é libre e gratuíta, dirixida a nenos e nenas a partir dos 10 anos, adolescentes e público en xeral.

 

0.16668319702148