A biblioteca Rialeda en Perillo acolle este venres unha charla sobre arquitectura sostible
O programa 'Ler para saber: charlas de divulgación científica' regresa á biblioteca Rialeda o vindeiro venres 24 de maio da man dos arquitectos Marcos Álvarez Montes e Susan Moriyón Romero.
O venres 24 de maio ás 18.30 horas terá lugar unha charla sobre arquitectura sostible impartida polos arquitectos Marcos Álvarez Montes e Susan Moriyón Romero e enfocada nas casas bioclimáticas e casas ecolóxicas.
A finalidade do programa 'Ler para saber' é achegar a ciencia a todas as persoas, así como ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.
As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral. A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.
Todo aquel que precise máis información pode acudir á Biblioteca Rialeda.