A Banda Municipal de Música de Sada celebra o seu 30 aniversario co Concerto de Nadal

Este sábado, 21 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Sada un evento moi especial: o "Concerto de Nadal - 30 aniversario" da Banda Municipal de Música de Sada. Este concerto contará tamén coa participación do Coro da Escola Municipal de Música.
O evento incluirá actuacións destacadas das cantantes solistas Ana Belén Manteiga Presedo e María Fernández Rodríguez, e un repertorio musical con obras de compositores como Alfred Reed, Bill Whelan, A. Marquez, J. Miles e Johan Strauss, baixo a dirección de Miguel Brea Seoane. A entrada será libre ata completar aforo.