A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organizará actividades en Biocultura

ACoruñaXa
A Consellería de Medio Rural aterriza esta fin de semana na aquinta edición da feira BioCultura na Coruña para realizar presentacións de cociña con alimentos ecolóxicos da man de cociñeiros de comedores escolares participantes na súa campaña 'Come Local'
Imaxe do público do 2023 na feira Biocultura celebrada na Coruña
29 Feb 2024

Esta fin de semana terá lugar a quinta edición da feira BioCultura, referente no sector do ecoturismo e dos produtos ecolóxicos, no recinto feiral de EXPOCoruña na que estará presente a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

A entidade autonómica colabora no evento coa organización de actividades vencelladas coa produción ecolóxica, ademais de apoiar a presencia de quince operadores galegos coordinados polo o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), amosarán a calidade da produción ecolóxica con produtos lácteos, cárnicos, repostería ou conservas.

Entre as actividades que promoverá a Axencia Galega da Calidade Alimentaria estará este fin de semana a presentacións de cociña con alimentos ecolóxicos, realizadas por cociñeiros de comedores escolares participantes na campaña 'Come Local (que contará a maiores cun posto con presenza de quince operadores), que farán unha demostración de como integrar este tipo de produtos nos menús escolares.

Ademais, realizarase unha demostración de proxectos de produción ecolóxica, a cargo de operadores que foron beneficiarios das axudas para grupos operativos. Logo da presentación, os asistentes poderán degustar produtos de participantes no proxecto.

Dentro das actividades impulsadas pola Xunta, celebrarase tamén unha mesa redonda sobre as posibilidades de venda de produtos a granel ecolóxicos por parte dos comercializadores, na que se debaterá a nova normativa sobre a comercialización de graneis ecolóxicos. Este faladoiro contará coa presencia de representantes do sector produtor, a gran distribución ou pequeno comercio.

0.17618298530579