A autora Yolanda López presenta na Coruña o seu libro 'Pecado Mortal. O Dardo Contra a Pedra' este mércores

ACoruñaXa
Un poemario social e reivindicativo que denuncia o capitalismo, o feminicidio e o ecocidio, presentado nun acto organizado por Amigos dos Museos de Galicia
Presentación Yolanda López
10 Dec 2024

O próximo mércores, 11 de decembro, ás 20:00 horas, o espazo cultural Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, nº 22, A Coruña) acollerá a presentación do libro 'Pecado Mortal. O Dardo Contra a Pedra', da escritora Yolanda López. A obra, publicada por Nuevos Ekkos Editorial, será introducida polas escritoras Pura Tejelo e Luz Campelo, que acompañarán á autora no acto.

O poemario presenta unha visión social e de xénero, funcionando como un "dardo liberador" contra un capitalismo globalizado que deshumaniza á sociedade. A través dunha poesía visual, onírica e comprometida, López aborda temas como o feminicidio, o ecocidio e as guerras represoras. Unha obra que reivindica, denuncia e desafía, simbolizada pola chama que "racha co muro".

A entrada será libre ata completar aforo, o que ofrece unha oportunidade única para conectar coa obra e coas reflexións da autora sobre a sociedade actual.

⚙ Configurar cookies
0.50116205215454