A Aula CeMIT de Betanzos programa un curso de iniciación á informática e un exame de teleformación EMA en xaneiro

ACoruñaXa
As sesións serán en horario de mañá (de 09.00 a 10.30 h. no curso e de 09.00 a 10.00 h. no exame) e as inscricións tramítanse na aula da rúa Emilio Romay, número 1
BETANZOS cemit xaneiro 26'
28 Dec 2025

A Aula da Rede CeMIT do Concello de Betanzos acollerá nas vindeiras semanas dúas actividades formativas dirixidas á poboación en xeral: un curso básico de informática e unha convocatoria de exame vinculada á teleformación.

O primeiro dos contidos será o curso ‘Iniciación á informática’, previsto para os días 14, 16, 19, 21, 23 e 26 de xaneiro. As sesións desenvolveranse en horario de 09.00 a 10.30 h. e están pensadas para persoas que queiran dar os primeiros pasos no manexo de ferramentas dixitais.

Xa o 30 de xaneiro celebrarase o ‘Exame de teleformación EMA’, tamén pola mañá, de 09.00 a 10.00 h. A proba está destinada a participantes que previamente remataran o curso de teleformación na plataforma EMA, coa entrada fixada ás 09.00 h.

Desde o Concello lembran que a Rede CeMIT é un instrumento para impulsar a alfabetización dixital en Galicia e para acompañar á cidadanía con máis dificultades no acceso ás tecnoloxías e aos servizos electrónicos. As persoas interesadas en inscribirse ou solicitar máis información poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos, situada na rúa Emilio Romay, número 1, ou contactar a través do correo cem it.betanzos@xunta.gal e do teléfono 618 693 005 (extensión 2401).

⚙ Configurar cookies
0.079426050186157