A Aula CeMIT de Abegondo acolle un ciclo formativo sobre finanzas e banca dixital

A Aula CeMIT de Abegondo organizará un ciclo formativo en materia de finanzas e banca dixital en colaboración co Banco de España. As sesións desenvolveranse os días 17, 18 e 19 de febreiro, en horario de 10.00 a 12.30 horas.
Na primeira sesión abordarán e aprenderán a diagnosticar e planificar as súas finanzas persoais en tempos de incerteza de dúas horas e media de duración. Na segunda sesión terán consellos prácticos sobre contas, tarxetas e outras dormas electrónicas de pago. E xa na derradeira, centraránse na banca en liña, comercio electrónico e o Bizum e como protexerse da ciberdelincuencia.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse enviando un correo electrónico a cemit.abegondo@xunta.gal ou chamando ao teléfono 981 647 909.