A Asociación Provincial de Amas de Casa celebra este venres o seu Día da Amizade

ACoruñaXa
Homenaxearase ás presidentas das agrupacións locais que cumpriron 25 anos no cargo coa Insignia de Ouro da entidade e un diploma conmemorativo
Imaxe do Palexco na Coruña
18 Abr 2024

A Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña celebrará mañá, venres, 19 de abril, o seu tradicional Día da Amizade. Nunha xornada que comezará ás 12.30 horas, na igrexa conventual de Santo Domingo, cunha misa en recordo aos socios falecidos e ofrenda á Virxe do Rosario, patroa da cidade da Coruña.

Sobre as 14.20 horas iniciárase o acto central no Loft Dársena, na terceira planta do Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (Palexco). No seu transcurso entregarase o Premio á Participación Cidadá 2024 á Cociña Económica da Coruña “en recoñecemento ao labor solidario que leva desenvolvendo desde a súa fundación, en 1886, para axudar a quen máis o necesitan”, como recolle o diploma acreditativo. “A institución é un exemplo de compromiso, humanidade e entrega desinteresada aos demais”. A asociación, para contribuír á misión da Cociña Económica, realizará un donativo de 3.000 euros.

Ademais, homenaxearase ás presidentas das agrupacións locais que cumpriron 25 anos no cargo coa Insignia de Ouro da entidade e un diploma conmemorativo. Entre eleas, atópanse: Esperanza López Zapata (Abegondo), Lourdes Pérez Astray (Baio-Zas), María Dolores Romalde Rodríguez (Cabanas), María Dolores Sanclaudio Luhía (Cariño), Ángela Isabel Pérez Corral (Curtis), María Elena López Vieites (Noia), María Luisa Ríos Fuentes (Oleiros), Ana González Trincado (Ordes), María Rosa López Ferro (Ortigueira), María Mercedes García Muíño (Oza dos Ríos), Cristina García García (Pontedeume) e Carmen Conde Sanlés (Porto do Son). Tamén se recoñecerá ás asociadas que levan un cuarto de século de pertenza á asociación.

No acto, que será conducido pola xornalista Bea Franco, intervirán a presidenta da asociación, Rosa Celia Otero Raña, a segunda tenente de alcaldesa da Coruña, Yoya Neira e o presidente da Cociña Económica da Coruña, Jacinto Torres. A continuación, ás 15,00 horas, servirase un xantar. Despois de comer, ás 17.00 horas, actuará a Tuna de Veteranos da Coruña, e, a partir das 17.15, procederase ao sorteo

0.18454003334045