A Asociación ALAS A Coruña organiza unha homenaxe na memoria do coruñés Samuel Liz

ACoruñaXa
Coincidindo co terceiro aniversario do asasinato de Samuel Luiz, a entidade organiza unha vixilia á beira da discoteca Praia Club
Imaxe dos arredores do Playa Club na Coruña
1 Jul 2024

Coincidindo co terceiro aniversario do asasinato de Samuel Luiz, a asociación LGTBI+ ALAS A Coruña organizará unha vixilia o miercoles, 3 de xullo ás 20.00 na Avenida de Buenos Aires, á beira da discoteca Praia Club.

ALAS A Coruña é a entidade que exerce a acusación popular no caso de Samuel Luiz e organiza por terceiro ano consecutivo un acto de homenaxe na súa memoria. A asociación convoca a toda a cidadanía a sumarse a un minuto de silencio para posteriormente realizar unha ofrenda floral no lugar onde sucederon os feitos.

Ao tratarse dun acto de homenaxe, a asociación non fará lectura de ningún maniesto co fin de respectar o proceso xudicial do que ALAS A Coruña é parte. Desde a organización rógase a todas as persoas que acudan ao mesmo que garden o debido respecto que merece a memoria de Samuel Luiz.
Nesta data tan sinalada, a presidenta de ALAS A Coruña, Ana G. Fernández manifiesta que “agora que estamos a piques de iniciar o xuízo por este crime, vemos máis necesario que nunca lembrar que máis aló do sensacionalismo e as cámaras hai unha familia e unhas amizades que nunca poderán recuperar a un ser querido”.

Igualmente, fixo fincapé en “recalcar o impacto que os discursos de odio teñen na sociedade, normalizando actitudes hostís ou mesmo abertamente violentas, contra as que estaremos sempre vixiantes, para facer da nosa sociedade unha plenamente igualitaria”.

⚙ Configurar cookies
0.36162185668945