A arte mira ao mar en Arteixo co Certame de Pintura e Debuxo 'Mar de Sorrizo'

ACoruñaXa
Jaqueline A. Suárez gañou o primeiro premio coa obra 'Ecos do noroeste' nun concurso que pon en valor o litoral arteixán
ARTEIXO mar do sorrizo
3 Jul 2026

O Centro Mar de Sorrizo acolleu a entrega dos premios do Certame de Pintura e Debuxo 'Mar de Sorrizo', unha iniciativa cultural impulsada polo Concello de Arteixo para fomentar a creatividade a través de obras inspiradas no entorno marítimo e litoral do municipio.

O concurso busca poñer en valor, a través da arte, os recursos mariños da zona, as súas paisaxes, fauna, flora, praias e costas, así como a tradición cultural mariñeira arteixá.

O primeiro premio foi para Jaqueline A. Suárez coa obra 'Ecos do noroeste'. O segundo galardón recaeu en Melania Gómez, autora de 'Arteixo no lombo', mentres que Jennifer Sumay obtivo o terceiro premio coa peza 'Fase lutea'.

O certame está aberto a persoas residentes en todo o territorio nacional e conta con dúas categorías. A categoría A está dirixida a menores de 16 anos, que deben presentar autorización do seu titor ou titora legal, mentres que a categoría B está destinada a maiores de 16 anos. En cada unha delas establécense tres premios.

Todas as persoas participantes recibiron un diploma acreditativo, mentres que as gañadoras foron recoñecidas con obsequios entregados polo Concello de Arteixo.

A iniciativa está financiada polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura e pola Consellería do Mar a través das axudas xestionadas polo GALP Golfo Ártabro Sur, co obxectivo de reforzar a conexión entre creación artística, identidade local e patrimonio mariñeiro.

0.14001393318176