A apertura total do tráfico en Sol e Mar en Oleiros agárdase a comezos da vindeira semana
ACoruñaXa
O Concello de Oleiros agarda que a apertura total do tráfico en toda a zona se realice entre o luns e o martes
14 Xuño 2024
O vindeiro luns 17 de xuño o Ministerio de Transportes ten previsto recepcionar a obra de Sol y Mar. O Concello de Oleiros agarda que a apertura total do tráfico en toda a zona se realice ese mesmo día ou, como máis tardar, o martes.
O conxunto da cidadanía, pero especialmente os veciños e veciñas da zona, levan sufrido numerosas incomodidades derivadas da realización desta importante obra, imprescindible para mellorar a mobilidade. Os remates finais que poden quedar pendentes non deberían ser obstáculo para a apertura total do tráfico.