A alcaldesa, Inés Rey no Día da Policía Local: “A vosa dedicación e profesionalidade é exemplo para todos nós”

ACoruñaXa
A alcaldesa presidiu o acto de homenaxe aos e ás axentes do servizo, con recoñecemento a civís e outras forzas e corpos de seguridade e destacou as 242 detencións realizadas no último ano como exemplo da colaboración da Policía Local coa Policía Nacional, xunto coas 608 persoas auxiliadas
Imaxe da recepción en María Pita do Día da Policía Local
24 Maio 2024

O alón de Sesións de María Pita acolleu este venres o o acto polo Día da Policía Local. O evento estivo presidido pola alcaldesa, Inés Rey, quen reivindicou a necesidade de recoñecer o traballo diario da Policía Local: "Como servizo esencial que sodes, o voso traballo diario, silente e discreto é tamén invisible para moitas persoas. Con todo, non hai un día no que un coruñés ou unha coruñesa desenvolva algunha acción cotiá sen contar co apoio ou colaboración da Policía Local" sinalou.

Durante o acto concedéronse medallas á permanencia no servizo a aqueles e aquelas axentes que estiveron en activo 20, 30 e 35 anos xunto co recoñecemento aos axentes xubilados o pasado ano 2023. Tamén a civís como persoal traballador doutros servizos municipais e outras forzas e corpos de seguridade. A alcaldesa destacou a vocación de servizo público de todos eles e elas que definiu como "condición que non entende nin de horarios ou quendas" porque vai implícita na propia personalidade de cada unha das persoas recoñecidas e engadiu que "non hai maior orgullo que saber que contamos con vós".

A rexedora lembrou que nos 179 anos da historia da Policía Local foron moitas xeracións as que pasaron polo corpo demostrando dedicación e colaboración. Destacou as 608 persoas auxiliadas neste último ano, como mostra da entrega do corpo policial xunto coa colaboración doutros servizos de seguridade e emerxencias. E tamén as 242 detencións realizadas como exemplo da colaboración entre a Policía Local e a Policía Nacional. "Dous corpos que, como saben, teñen competencias diferentes, mais cuxa coordinación e acción conxunta beneficia a vida da nosa cidadanía" apostilou.

Rey lembrou a incorporación de 40 novos e novas axentes de Policía dende o mes de outubro, 10 a finais de 2023 e 30 máis a comezos deste ano, co que foi a maior incorporación dende 1992 e completou o cadro de persoal máis numeroso de Galicia. "Fai unhas semanas aprobabamos tamén a OPE deste ano, con preto de 20 prazas para Policía Local seguindo o obxectivo de ampliar e reforzar o servizo de referencia en Galicia", sinalou. A alcaldesa tamén destacou os recoñecementos recibidos nos Premios Nacionais do Programa Axente Titor, onde cinco axentes coruñeses recibiron a Cruz ao Mérito Policial como referentes a nivel galego pola iniciativa; xunto co Premio Nacional ás Boas Prácticas na Educación Viaria, outorgado o pasado ano 2023.

Ao acto asistiron a concelleira de Atención e Seguridade Cidadá, Montserrat Paz; xunto con outros membros do Goberno local e da corporación. Tamén asistiron o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz Castroverde; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López; o delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal Martín; e o director xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva Álvarez.

Nómina de persoas distinguidas no acto

Concesión da medalla e diploma á permanencia no servizo

  • 20 anos de servizo activo

Rubén Álvarez Hermida, inspector
Silvia Teijido Insua, policía
Juan Manuel Rodríguez Cancela, policía
Alberto Rodríguez Baldomir, policía
Daniel Mouriño Rivas, policía
Fernando Roca Pisano, policía
Paula López Vila, policía
Javier Fernández Bustelo, policía

  • 30 anos de servizo activo

Juan Manuel Brea Asorey, policía

  • 35 anos de servizo activo

José Roca Loureda, inspector
Jaime Antonio Prego Vázquez, oficial
Ángel Vicente Vega, policía
Jesús Ángel Mosteiro Calvar, policía
José Antonio Juárez Carrera, policía
María del Carmen Iglesias Rasser, policía
Juan Carlos Castro Rico, policía
Francisco Javier García Mera, policía

Homenaxe aos policías locais xubilados no ano 2023

Joaquín Ponte Pérez, inspector principal
Emilio Martínez Rodríguez, inspector principal
Adolfo Iglesias Regueiro, policía
Eduardo Soto Villar, policía
Francisco Muñoz López, policía
Javier Iglesias González, policía
Manuel Rodríguez Jarazo, policía
Enrique Valentín Fraguela Rodríguez, policía
Manuel López Roibás, policía

Concesión da medalla e diploma de felicitacións públicas

Ramón Gómez Nieto. Comisario principal. Xefe Superior de Policía de Galicia
Javier Rey Ozores. Fiscal. Ex xefe da Fiscalía Provincial da Coruña
Fernando Javier Martinez Marty. Comisario principal. Xefe Provincial da Policía Nacional da Coruña
Fernando Pedreira Lata. Coronel. Xefe da 611 Comandancia da Garda Civil da Coruña
Manuel Alvarez Justo. Subteniente. Secretaría do Xeneral de Zona da Garda Civil. Xefe do Destacamento de Seguridade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Cristina Vara Vázquez. Xefa do Departamento de Acción Social do Concello da Coruña
Jacobo Jose Enseñat Berea. Xefe do Departamento de Informática do Concello da Coruña
Victoria Eugenia Hurtado Chaves. Xefa da Sección de Xestión Administrativa de Medio Ambiente do Concello da Coruña

Concesión da medalla e diploma pola traxectoria profesional exemplar, a axentes do corpo da Policía Local da Coruña

Lorena Ponte Saavedra, oficial
Jaime Antonio Prego Vázquez, oficial
José Manuel Arias López, policía
Iván Meijide Miguez, policía
María Carmen Iglesias Rasser, policía

Concesión da medalla e diploma ao mérito extraordinario, a axentes do corpo da policía local da coruña

Lorena Ponte Saavedra, oficial
Abelardo Lijó Fernández, policía
Pedro Campos Martínez, policía

0.19710803031921