A administración As de Oros, en Os Rosales, reparte parte do terceiro premio da Lotería de Nadal

ACoruñaXa
O número 90.693, premiado con 50.000 euros por décimo, deixou ‘unha alegría’ no despacho coruñés, onde fixeron un pequeno parón para brindar mentres seguían atendendo as colas; aínda non saben canto se vendeu nin cantas persoas resultaron agraciadas
A CORUÑA lotería As de Oros
22 Dec 2025

A administración de lotaría As de Oros, situada no centro comercial de Os Rosales (A Coruña), vendeu parte do terceiro premio do Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal. Trátase do número 90.693, dotado con 50.000 euros por décimo.

Os responsables do despacho decatáronse pasadas as 11.00 horas e a celebración foi (case) sobre a marcha: entre abrazos, algún brinde e a sorpresa, continuaron despachando con normalidade porque a mañá estivo marcada polas colas de persoas que xa buscaban décimos da Lotería do Neno ou querían probar sorte con outros xogos.

De feito, a administración admite que aínda non pode concretar canto diñeiro repartiu nin cantos décimos premiados saíron de alí, xa que parte das vendas se fixeron tamén a través da canle online oficial de Loterías e Apostas do Estado, o que dificulta coñecer no momento o alcance do premio na clientela habitual.

No plano fiscal, o premio é de 50.000 euros por décimo, aínda que a tributación aplícase sobre a contía que excede os 40.000 euros exentos, polo que a cantidade neta habitual queda en 48.000 euros.

⚙ Configurar cookies
0.10931897163391