A activista palestina Sahar Shatat impartirá unha charla-coloquio na Fábrica de Perillo
A activista palestina Sahar Shatat, visitará este xoves o Concello de Oleiros para participar nunha charla coloquio organizada por BDS Coruña. Será no auditorio da Fábrica, ás 20 horas, e contará coa participación do alcalde, Ángel García Seoane, e o cantautor Paris Joel.
A situación en Palestina resulta insostible. Co xenocidio que está a perpetrar Israel, consentido polas potencias occidentais, o Goberno de Netanyahu está a lograr o seu propósito de roubar aos seus lexítimos habitantes a totalidade do territorio, apoiado en absurdas crenzas relixiosas e practicando o apartheid máis vergoñento.
Na actualidade, tal como se deixou ir a invasión ao longo de décadas, xa non serven de nada as supostas visións humanitarias de occidente, aínda que si cabe valorar positivamente o tardío recoñecemento de Palestina como estado que previsiblemente realizará o estado español, unha medida que hai tempo debía ser adoitada, se ben tampouco serviría de nada ante a identificación norteamericana con Israel e o seu comportamento bélico e diplomático.
“Invito a todos os veciñas e veciñas a participar neste acto, no que falaremos de cooperación co pobo palestino, con todas esas persoas que están loitando por ser pobo e que non lles permiten selo”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.