136 nenos desfrutarán do campamento de verán en Coirós
Coirós ten en marcha desde o día 1 o campamento concilia no que participan 136 nenos do municipio de 3 a 16 anos. Este campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto e a primeira semana de setembro. Os asistentes teñen un programa de actividades, manualidades, xogos participativos e deportes, entre outras.
O campamento concilia de Coirós do verán de 2024 acolle aos nenos en tres sedes, a antiga escola Infantil de Pedrapartida, a antiga escola de Queirís e o polideportivo municipal. Os venres os maiores de 6 anos desprazaranse á piscina municipal para realizar actividades no centro deportivo.
O alcalde de Coirós, Francisco Quintela, comentou “o concello quere contribuír a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños, coa satisfacción de comprobar que a poboación infantil en Coirós aumenta ano tras ano”. O municipio de Coirós ten unha poboación, segundo datos do IGE, ao 1 de xaneiro de 2023 de 1.923 habitantes de dereito.