Eventos
Ordes acolle o sábado 7 a presentación de 'Pontealbar', a novela de Adrián Noia
O acto celebrarase ás 19.00 horas no salón de plenos do Concello e contará coa participación de Aira Portos, da Asociación Cultural A Keikes, e Mario Elías, do clube de lectura da FaCom-USC
Betanzos abre inscricións para un obradoiro infantil de máscaras polo Entroido 2026
A actividade está dirixida a rapazada de 8 a 15 anos, celebrarase do 6 ao 8 de febreiro en varios horarios e inclúe material
A ANPA do CEIP ADR Castelao organiza unha Campa de Entroido en Ordes os días 16 e 18 de febreiro
Haberá obradoiros, disfraces, música, xogos e pintacaras, con inscrición previa e servizos opcionais de madrugadores e comedor
Os Premios Terra de Hércules distinguen 14 referentes do deporte galego na súa segunda edición
A Fundación ‘Amare Terra’ entregou en Palexco uns galardóns que recoñecen traxectorias vencelladas ao adestramento, á xestión, á inclusión e á investigación, con tres homenaxes a título póstumo
Coirós celebrará o Entroido Choqueiro cun obradoiro de disfraces e merenda tradicional no Campo da Festa
A festa será o sábado 14 de febreiro de 17.00 a 20.00 h con música e baile e entrada gratuíta para socios e de 5 euros para non socios
Miño organiza unha excursión a Padrón para maiores de 55 anos con feira, xantar e baile
A saída será o domingo 8 de febreiro ás 8.30 horas desde a rúa do Mercado e as inscricións ábrense o 29 de xaneiro na Oficina de Turismo
Curtis abre o prazo para solicitar os campamentos de Entroido 2026
O servizo será gratuíto, desenvolverase do 16 ao 18 de febreiro en horario de 8.00 a 14.00 horas e dará prioridade a usuarios de concilia e persoas empadroadas
Carral quenta motores para o Entroido cunha tarde-noite de desfile, concursos e música en directo
A cita celebrarase o domingo 15 de febreiro no Campo da Feira, cun programa que inclúe pasarrúas, concurso infantil e unha actuación do Somoza Trío
O Entroido de Nós en Oleiros regresará o 17 de febreiro con música, disfraces e degustación de doces tradicionais
A Praza da Liberdade acollerá desde as 17.00 horas animación infantil, desfile de disfraces e a actuación do dúo 'Alba y Selu', ademais do sorteo dun lote de Entroido
Palavea énchese de teatro este sábado con 'O milagre de Santa Eulalia'
A asociación 'Os nosos lares' e a Casa de Castela-A Mancha da Coruña programan no Centro Cívico unha función de balde ás 19.00 horas a cargo do grupo Ave Fénix, coa colaboración do Concello
Parada celebra o seu III Cocido de Antroido cunha xornada temática do circo
A comida terá lugar o 7 de febreiro, ás 14.00 horas, no local social, e a organización avisa de que xa quedan poucos tickets á venda
'Portas Ártabras' abre o calendario do Entroido cunha conferencia de Felipe-Senén
O historiador da cultura galega repasa este xoves, ás 20.00 horas, as máscaras, os folións e as raíces históricas da festa nun encontro con entrada libre
San Vicente celebrará as festas o 24 e 25 de xaneiro en Vilasantar con vermú musical e xantar popular
A comisión organiza un programa de dous días con misa, sesión vermú e a actuación do Dúo Miami, ademais dun xantar o sábado a 28 euros (gratis para menores de 10 anos)
Torres quenta o Entroido cunha festa de disfraces no pavillón municipal o 14 de febreiro
A cita, en Vilarmaior, comezará ás 23.00 horas e contará con verbena a cargo da orquestra Panamá, sorteos e premios en metálico para grupos e participantes individuais
A Casa da Cultura de Ordes acolle este venres ‘Os mortos tamén falan’, unha comedia entre retranca e suspense
A función comezará ás 20.00 h e terá entrada de balde, con acceso libre ata completar aforo
A Biblioteca Municipal de Carral arrinca 2026 cun contacontos para bebés
Trémola Teatro levará a sesión 'Nubes de algodón' o xoves 22 de xaneiro ás 18.00 horas, con prazas limitadas e reserva previa
Youtubeiras+ bate récord con 126 canles e cita a final no Teatro Jofre o 7 de febreiro
Sol Agra destaca o carácter colaborativo do certame e o seu papel para reforzar o galego na mocidade e nos espazos dixitais
Eventos
OcioenGalicia
Entroido de Salcedo 2026
OcioenGalicia
Concierto de Alejo en A Coruña
OcioenGalicia
Concierto de Ambkor en Vigo
‘Os tres porquiños’ chega este sábado ao auditorio García Márquez de Oleiros cun musical para público infantil
A compañía Educateatro representará a obra o 24 de xaneiro ás 18.00 horas, nunha versión do conto con bonecos a tamaño real e pensada para familias con crianzas a partir de 2 anos
Aberto o prazo para presentarse á elección das Meigas de San Xoán 2026 na Coruña
A Asociación de Meigas das Fogueiras busca candidatas para Meiga Maior (15 a 24 anos) e Meigas Infantís (10 a 12), con algún vínculo coa cidade
O médico Juan Luis Arévalo publica 'Trasplantado', un relato en primeira persoa tras case 30 anos cun corazón e un ril doados
A obra presentarase o 6 de febreiro, ás 19.30 horas, no Aula Magna do Colexio Oficial de Médicos da Coruña
Paderne organiza unha nova excursión ao spa de Vilalba para maiores de 60 anos
A saída ao Hotel Spa Attica 21 será o mércores 11 de febreiro, con bus desde a Casa do Concello ás 9.30 horas e sesión termal de 11.00 a 12.30 por 10 euros
Curtis dedicará o 23 de xaneiro unha xornada ás IXPs Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego
O Recinto Feiral acollerá unha sesión técnica con charlas divulgativas ás 12.00 horas e unha degustación de carnes amparadas a partir das 13.30, con inscrición previa para profesionais e acceso a público interesado ata completar aforo
CUAC FM celebrará os seus 30 anos cun gran concerto no Teatro Colón da Coruña o 27 de marzo
Pedro Pastor y Los Locos Descalzos, Sílvia Penide e César de Centi forman o cartel dunha cita que comezará ás 20.30 horas e xa ten as entradas á venda
A Fábrica acollerá o xoves 22 a entrega do IV Premio Mundiario de Xornalismo a José Castro López
O acto, aberto ao público, celebrarase ás 20.00 horas e contará coa participación do alcalde Ángel García Seoane e do fundador de Mundiario, José Luis Gómez






