Deportes
O ouro europeo confirma a Juan Manuel Morales como unha referencia da marcha máster
O atleta do Marineda Atlético proclamouse campión de Europa M45 nos 3.000 metros marcha en pista cuberta, en Toruń, cun rexistro de 12.19.12 e unha ampla vantaxe sobre os seus rivais
A Copa de España Féminas regresará á Comarca Brigantina o 11 de abril
A proba xa ten cartel oficial e volverá situar a comarca no calendario estatal do ciclismo en estrada
Último día para anotarse no torneo 3x3 de baloncesto de Arteixo
O Club Baloncesto Arteixo pechará este 26 de marzo o prazo de inscrición para a décimo sétima edición dun campionato amigable que se disputará o luns 30 no Pazo dos Deportes
Cinco medallas confirman o gran momento do Ausarta Bergondo no arranque provincial
O club regresou de Carballo cun balance de tres ouros, dúas pratas e varios postos destacados na I Fase Provincial Escolar, Promoción e Prebase de ximnasia rítmica
Un ascenso que confirma o bo momento do xadrez en Culleredo
O ‘Temible Xadrez Culleredo’ selou de forma matemática o campionato e o salto a Segunda División a falta dunha xornada, nun novo éxito para un club que segue medrando en competición
Brais Pazo leva para Cambre o triunfo júnior do XV Circuíto Teense
A cita disputada en Teo reuniu categorías júnior e máster, contou con 64 inscritos e desenvolveuse sobre un trazado de seis voltas con saída e meta en Sestelo
O Acuatic Oleiros reafirma o seu peso na natación artística galega cun dobre triunfo en Vigo
O club oleirense impúxose nas categorías infantil e júnior na segunda xornada da Copa Galega de Promoción, consolidando o seu protagonismo no arranque da tempada
A Deputación premia no Colón aos referentes do deporte da provincia
María Sanjurjo e Lucas Yáñez lideraron o palmarés dos IV Premios do Deporte da Deputación, que tamén distinguiron a Javier Gómez Noya, Iván Raña e Estrella Galicia
O fútbol sala prebenxamín gaña protagonismo coa chegada do VII Torneo de Semana Santa
O Concello de Betanzos e o Troula Betanzos FS organizan o 2 de abril unha intensa xornada no pavillón municipal José Mª Valeiro Iglesias, entre as 9.00 e as 20.00 horas
O motor galego acende o semáforo verde na 'Catedral' do autocross
Arteixo abre este sábado 21 de marzo o Campionato Xunta de Galicia cunha cita que reunirá 90 equipos no circuíto José Ramón Losada, primeira das sete probas do calendario de 2026
Un convenio e novas equipacións reforzan o fútbol en Oza-Cesuras
O Concello e o Clube de Fútbol Oza-Cesuras selaron un acordo de colaboración de máis de 16.000 euros e renovaron o apoio ás categorías de base, nunha tempada na que a entidade supera xa as 150 fichas
Uxía Mariño conquista o ouro galego en Santiago e sitúa a Ordes entre os nomes propios do karate base
A deportista gañou en kumite xuvenil feminino de máis de 52 quilos no Campionato Galego Infantil 2026, disputado no Multiusos Fontes do Sar, nunha cita na que a Escuela Deportiva Shihan liderou o medalleiro por clubs
Jorquera ve na renuncia ao Mundial a 'crónica dunha morte anunciada'
O portavoz do BNG na Coruña sostén que o proxecto estivo mal enfocado desde o inicio e reclama transparencia na nova etapa aberta tras a retirada da candidatura e o acordo para reformar Riazor
O mellor ciclismo feminino volverá á comarca cun percorrido por Betanzos, Bergondo e Paderne
A Copa España Féminas 2026 celebrará a súa cita da Comarca Brigantina o 11 de abril cunha proba organizada polo Club Ciclista Betanzos e un trazado que levará a competición por varias estradas da zona
O Taekwondo Sada brila na casa nun rankeable con máis de 400 participantes
O club anfitrión pechou a xornada como campión por equipos na xeral e en freestyle no Pavillón Municipal de Sada, nunha cita que reuniu competición de técnica, medallas durante todo o día e unha vertente solidaria
A bicicleta reúne a máis de cen persoas nunha saída primaveral por Betanzos
A primeira marcha ciclista organizada polo Concello converteu este domingo a Praza Irmáns García Naveira nun punto de encontro veciñal nunha mañá nubrada, pero sen choiva
Acea de Ama prepara a súa gran transformación con obras este verán e un investimento de 3 millóns de euros
A nova concesionaria do complexo deportivo de Culleredo, DOS Deporte, executará a reforma por fases tras asumir a xestión durante 20 anos
Eventos
OcioenGalicia
Feira Galega de Artesáns en Ferrol
OcioenGalicia
Abril de Cine en Ames
OcioenGalicia
Billy Allen + The Pollies en concierto en A Coruña
OcioenGalicia
XXIV Festa do Berberecho de Foz
OcioenGalicia
Semana Santa Mondoñedo 2026
OcioenGalicia
Concierto BackStreet Boys tributo
'O principal é a formación dos rapaces': así medrou o Club de Remo do Mandeo
A entidade de Bergondo leva unha década convertendo o río Mandeo nunha escola de remo e de valores, cunha traxectoria que xa supera as 20 medallas en Campionatos de España e seis convocados co equipo nacional, pese ás dificultades actuais para desenvolver a súa actividade sen unha base estable
Dobre ouro e un novo podio para o atletismo de Ordes no Nacional Máster de pista curta
Basilio Bernárdez asinou dous títulos en Antequera e Ángeles Rodríguez del Río sumou unha prata en peso tras unha fin de semana de gran nivel
O pavillón municipal de Sada converterase este sábado no epicentro do taekwondo de base galego
O Rankeable Sada Marina 2026 de técnica e freestyle reunirá o 14 de marzo a deportistas de categorías inferiores nunha cita organizada polo Club Taekwondo Sada coa colaboración do Concello e da Federación Galega de Taekwondo
Lucía Doval e María de los Ángeles Rodríguez levan tres ouros estatais para o atletismo vencellado a Ordes
As dúas lanzadoras de Atlética A Silva brillaron no Campionato de España de Lanzamentos Longos Máster de Durango, onde Lucía Doval gañou en xavelina e disco F50 e María de los Ángeles Rodríguez impúxose na xavelina F65 con récord do campionato
A primavera pedalearase en Betanzos con tres marchas ciclistas nas próximas semanas
O Concello programa saídas os días 15 e 22 de marzo e 12 de abril para fomentar o deporte ao aire libre e a participación da veciñanza
A Volta Feminina levará o ciclismo internacional ata a meta coruñesa
A Coruña acollerá o 5 de maio a chegada da terceira etapa de La Vuelta Femenina by Carrefour.es, un percorrido de 121 quilómetros con saída en Padrón
O Sung Coruña estrea aos seus cadetes en combate con dous bronces no Galego Promesas
Juan Enrique Carballal e Gaia Lara subiron ao podio no Campionato Galego Promesas 2026, mentres Sergio Angeriz quedou ás portas da medalla nun debut ilusionante para o club coruñés



