Cultura
A oposición veciñal ao PIA de Monte Mero gaña protagonismo na apertura de 'Emigrantas'
Arredor de 60 persoas concentráronse ante o Quiosco Alfonso para denunciar a expropiación de vivendas e terreos en Eirís e Pedralonga e reclamar unha saída negociada ás administracións
A exposición 'Aires 2.0' achega ao hospital coruñés a realidade diaria das doenzas respiratorias
A mostra fotográfica inaugurouse no Hospital Universitario da Coruña para dar visibilidade ás persoas con asma e EPOC a través das súas historias en primeira persoa. A iniciativa forma parte dun proxecto itinerante impulsado coa colaboración da Cátedra INSPIRA-UAB
A Casa Museo Manuel María escolleu os gañadores do concurso de recitado poético con premios para a comarca
Pablo García Martínez, do IES de Foz e Lidia Parcero Gómez do Colexio Maristas foron os triunfadores da categoría correspondente a ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
Unha excursión a A Guarda e Tui abre en Paderne o programa de saídas socioculturais de 2026
O Concello organiza para o sábado 14 de marzo unha viaxe con visita guiada ao Monte de Santa Tegra e inscrición aberta ata o mércores 11
Boa acollida en Irixoa ao encontro literario sobre feminismo celebrado na Biblioteca Municipal
A actividade 'As Letras moradas: Un achegamento literario sobre o feminismo' reuniu á veciñanza arredor das escritoras Lydia Chas e María Nieto
Contos, teatro e propostas feministas para encher marzo nas bibliotecas de Oleiros polo 8M
A rede municipal concentra entre o 4 e o 13 de marzo sesións da Hora do conto para crianzas, actividades para centros educativos e exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as sedes
'As letras moradas' achega o feminismo á Biblioteca Municipal cun encontro con dúas autoras
A actividade do ciclo Perspectivas Literarias celebrarase o xoves 5 de marzo ás 11.00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Irixoa, coa participación de Lidya Chas e María Nieto
Quinto Goya para Alberto Vázquez grazas a 'Decorado', unha sátira animada sobre a crise contemporánea
O cineasta coruñés levou a estatuíña a mellor longametraxe de animación na 40ª edición dos premios, celebrada en Barcelona, cun filme que retrata o control das megacorporacións e a precariedade a través dunha parella de ratos
A Deputación activa a concesión provisional de 770.000 euros para soster o persoal técnico de cultura nos concellos
O programa FO206/2026 reparte axudas entre un máximo de 63 entidades locais e abre un prazo de dez días hábiles para alegacións tras a súa publicación no BOP
A Real Filharmonía de Galicia celebra 30 anos cun programa sorpresa en catro cidades
A orquestra, dirixida por Baldur Brönnimann, conmemora o seu 30º aniversario cun concerto especial en Santiago, Vigo, Ferrol e A Coruña, en homenaxe a Helmuth Rilling
As Residencias Paraíso celebran dez edicións e volven contar con Oleiros como sede en 2026
A convocatoria abre ata o 8 de marzo e inclúe estadías na Fábrica de Oleiros, con axudas de entre 1.500 e 3.000 euros por proxecto dentro dun orzamento total de 25.000 euros
GaliciaXa
O Dicionario da Real Academia da Lingua rexistrou 32 millóns de consultas o ano pasado
O seguinte recurso en liña da institución máis empregado é a Guía de nomes galegos, que superou o medio millón de consultas
Caxoto levará a Arteixo encontros de narración para persoas maiores dentro da nova tempada das bibliotecas municipais
A Biblioteca Central ‘Henrique Rabuñal’ abre en febreiro un ciclo de actividades 2026 con sesións para crianzas, infancia e público adulto, con inscrición previa
O Entroido de Paderne aposta por tres días de festa e pon o foco na tradición de Samede
A programación desenvolverase os días 16, 18 e 22 de febreiro con concurso de disfraces no Telleiro, unha xornada de exaltación e o desfile dos Bonitos e Vixigueiros
Aberto o prazo para participar no XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña
A convocatoria, organizada polo IES Rosalía Mera, admite inscricións do 5 ao 18 de febreiro e programará funcións entre marzo e xuño
Arteixo programa un obradoiro de tintes naturais en papel e creación dun herbario artesanal
A sesión, impartida por Estefanía Montero, celebrarase o sábado 14 de febreiro de 10.00 a 14.00 horas no Parque de Monticaño, con prazas mediante inscrición
A Xunta apoiará a xira do 40º aniversario de Luar na Lubre para achegar a súa música á diáspora en Arxentina, Uruguai e Chile
A colaboración inclúe seis concertos en marzo en Montevideo, Santiago de Chile e tres cidades arxentinas, ademais de masterclass e encontros nos centros galegos
Eventos
OcioenGalicia
VIII Feira do Queixo en Moeche
OcioenGalicia
XXVI edición de O Marisquiño
OcioenGalicia
Xuntanza Abelleira 2026 en Arzúa
OcioenGalicia
Exposición itinerante 'Postais para Irán' en Santiago
OcioenGalicia
Semana Santa en Santiago
OcioenGalicia
Concierto de Quinkillada en Cangas
Oleiros abre hoxe, xoves 5, as inscricións para o concurso de disfraces do Entroido
A festa celebrarase o venres 20 de febreiro no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, coa orquestra Os Satélites e 5.200 euros en premios
‘Paisaxes Públicas’ repasa medio século de transformación do espazo urbano coruñés
A obra percorre as intervencións en prazas e parques entre 1975 e 2025 e reivindica o espazo público como eixo dunha cidade máis democrática e habitable
O Centro Cultural O Salón de Abegondo acolle o domingo a obra 'Os cravos de prata'
A representación chega da man da Escola Municipal de Teatro de Abegondo e da Asociación Barballocas para poñer en valor o talento local
Isa e Bego, protagonistas do cartel do 'Antroido' da Coruña 2026
A festa arrinca este sábado 7 co concurso de comparsas e estenderase ata o 21 de febreiro con actividades en toda a cidade
Bergondo organiza unha saída sociocultural ao Entroido dos Xenerais da Ulla o 17 de febreiro
A excursión inclúe visita guiada a Santiago e desprazamento á Estrada para asistir ao desfile e aos atranques
Luís Alonso Girgado será nomeado Cunqueiriano de Honra de 2026 en Mondoñedo
O ensaísta e crítico literario recibirá a distinción o 28 de febreiro no Salón de Plenos do Concello, nun acto institucional ao mediodía
A AAVV San Pantaleón, en Paderne, súmase á recuperación dos 'mecos' para o Entroido
A Asociación de Veciños anima a facer bonecos e colocalos en lugares visibles da parroquia, dentro da campaña comarcal 'Mecos do Entroido, tradición viva'




