AcorunaXA
A Mocidade da Coruña retoma o obradoiro de decoracións festivas con arxila nas Naves do Metrosidero
A segunda sesión servirá para pintar e vernizar as pezas xa secas; a actividade está dirixida a mozas e mozos de 12 a 30 anos e terá dúas citas: o 14 e o 28 de decembro
A comarca da Coruña prepárase para un sábado máis frío, con chuvascos pola tarde e posibilidade de neve no interior a partir dos 400-600 metros
MeteoGalicia prevé para a cidade da Coruña nubes e claros pola mañá e chuvascos débiles á tarde, con vento do nordés. A AEMET sitúa a cota de neve na metade norte arredor dos 400-600 metros, subindo ao final do día
Sada programa para o domingo 28 de decembro o espectáculo familiar 'Rock and Magic' co Mago Teto
A proposta, que mestura maxia e música rock con interpretación en directo, representarase no auditorio da Casa da Cultura ás 19.00 horas, con entrada libre ata completar aforo
Movemento Sumar Coruña critica ao BNG por manter o pacto co PSOE tras as denuncias internas por presunto acoso en María Pita
A formación considera un ‘erro político grave’ minimizar o caso como ‘guerra interna’ e pide exemplaridade institucional, mentres o BNG reclama aclaracións e investigación e o goberno local nega as acusacións
Carral renova a iluminación dos pavillóns do Vicente Otero e de O Espiño cun investimento de 11.759,50 euros
O Concello substituíu as antigas lámpadas de vapor de mercurio por luminarias LED para mellorar a visibilidade e reducir o consumo. Tamén rematou a instalación dun novo sistema de auga quente en Os Capelos
Curtis pecha unha campaña de Nadal sobre reciclaxe con máis de 200 veciños atendidos e foco nos biorresiduos
A iniciativa contou con puntos informativos en Curtis e Teixeiro en horario de 10.00 a 13.00 horas e lembrou que se pode solicitar no Concello o cubo orgánico doméstico e a chave para empregar o contedor correspondente
O Club BTT Caimanes ‘agasaia’ aos afeccionados cun adianto anunciando a data da 9ª 'Ruta del Agua'
A marcha cicloturista de Betanzos celebrarase o 21 de xuño e manterá como punto de referencia a Praza Irmáns García Naveira, segundo figura no calendario oficial da Federación Galega de Ciclismo
As atraccións de Nadal de Santa Cruz retoma o horario continuo nas vacacións
O recinto da Praza Esther Pita abre este 26 de decembro de 11.00 a 22.45 horas e mantén unha sesión de animación con xogos pola tarde, dentro da programación municipal para familias e crianzas
A aula CeMIT de Vilasantar consolídase como punto de apoio tecnolóxico con clases gratuítas para adultos e nenos
O servizo ofrece formación en informática e uso de smartphones e pon á disposición da veciñanza material como impresora 3D, gafas de realidade virtual ou drons, ademais de asesoramento personalizado
A Igrexa de Santa María de Cambre acolle este sábado un concerto de panxoliñas
As corais de Cecebre, Aires Novos de Pravio e Santa María de Cambre actuarán o 27 de decembro ás 19.30 horas
GaliciaXa
Feliz Nadal!
Sigrás celebra o Nadal cun contacontos e unha chocolatada con churros de balde este domingo
A cita será no local da asociación: ás 17.00 horas haberá sesión para a cativada e desde as 18.00 horas, merenda gratuíta con música e sorpresas
Miño enche as rúas cos cantos de aguinaldo da A.C.R.D. O Castro a partir das 18.00 horas
A agrupación cultural sairá en percorrido polo casco urbano, cun arranque previsto no parque da Rúa, dentro da programación de Nadal do municipio
Carral entrega os premios do concurso de decoración de vivendas e negocios polo Nadal
Militroques, Tania Brea Floristería e Farmacia Carral gañan na categoría de comercio, mentres que o certame tamén recoñeceu casas e pisos
Betanzos quenta motores para a San Silvestre Betanceira 2025, o mércores 31 ás 17.00 horas
A proba contará cunha andaina de 4 quilómetros e unha carreira de 5 quilómetros, ademais de percorridos para a rapazada e a opción de dorsal 0
AEOPAS reúnese en Arteixo para avanzar na dixitalización do ciclo da auga no municipio
A empresa pública SUMARTE forma parte da asociación desde 2023, unha entidade estatal que promove a xestión pública e participativa da auga
'Cada Neno, Un Xoguete' pecha a primeira fase de Nadal con máis de 15.000 xoguetes entregados en Galicia
A campaña solidaria repartiu 5.000 unidades a entidades sociais e outras 10.000 a máis de 300 familias atendidas de forma directa
A Coruña lembra a Antón de Santiago cunha placa conmemorativa na contorna da Casa Sol
Inés Rey presidiu o acto na avenida Barrié de la Maza, cunha homenaxe acompañada pola familia e por representantes da vida cultural coruñesa
Carral pon en marcha campamentos deportivos de Nadal para facilitar a conciliación de máis de 20 familias
A actividade desenvólvese no CEIP Vicente Otero Valcárcel con nenos e nenas de 3 a 11 anos e inclúe horario de 10.00 a 14.00 horas, con opción de madrugadores e comedor
O Consorcio As Mariñas reforza a recollida de lixo nos días clave do Nadal
Haberá rutas extra o 24, 26 e 31 de decembro e o 2 de xaneiro, mentres que o servizo pararase o 25 de decembro e o 1 de xaneiro
Inés Rey evita entrar na polémica polas denuncias internas e acusa o PP de activar a 'máquina do fango'
A alcaldesa da Coruña asegura que non lle consta unha terceira queixa por suposto acoso laboral e reta aos populares a acudir ao xulgado se cren que hai delito
O BM Línea 21 impulsa unha recollida solidaria de alimentos e xoguetes en Novo Mesoiro
A iniciativa celébrase hoxe, 23 de decembro, de 17.00 a 20.00 horas no Pavillón de Novo Mesoiro e destínase ao Banco de Alimentos Rías Altas (Balrial) e ao Comité AntiSida da Coruña (CASCO)
Curtis reforzará o bus escolar entre Teixeiro e o IES con tres novas expedicións desde o 8 de xaneiro
A Xunta e o Concello asinan coa UTE Hércules un Servizo de Interese Municipal (SIMU) cun custe anual estimado duns 17.000 euros e tarifas integradas coa Tarxeta Xente Nova e as bonificacións da rede autonómica
A campaña de doazón de sangue da ADOS reforza as colectas de Nadal na cidade da Coruña
As unidades móbiles pasarán por Los Rosales, Monte Alto, Cantón-Obelisco, Monelos-Castrillón e Marineda City, nun chamamento para acadar arredor de 400 doazóns diarias en Galicia
91 ANPAS da provincia piden as novas axudas da Deputación para actividades escolares en 2026
A liña FO202/2026 conta cun orzamento de 250.000 euros e permitirá conceder subvencións de entre 1.500 e 10.000 euros a asociacións de centros públicos




