AcorunaXA
Récord de participación no XXIV Torneo de Xadrez de Nadal de Carral
O Pavillón de Espiño reuniu 64 xogadores e xogadoras, con máis de 40 participantes en categorías infantís
Arteixo adxudica por 137.000 euros a implantación de 75 contedores dixitais de reciclaxe nas zonas urbanas
Os novos equipamentos incorporarán melloras de accesibilidade, sistemas antivandálicos e tecnoloxía de control de acceso, coa previsión de estender o modelo ao resto de áreas urbanas no primeiro semestre de 2026
Papá Noel fará parada en Carral o 23 de decembro cunha tarde chea de animación no Campo da Feira
A carpa municipal acollerá xogos e bailes cos elfos desde as 17.00 horas e, a partir das 18.00, comezará a recepción de nenos e nenas ata as 20.00
Cambre dá un paso para corrixir un punto negro de Bribes na DP-0102
A Deputación aproba o proxecto para mellorar a intersección de Lema a Orto xunto ao Centro Social de Riveiriña, cun orzamento de 243.274,96 euros
Traslados ao Centro Cívico de Santa Cruz os obradoiros de Nadal previstos na Praza Esther Pita de Oleiros
O Concello muda a localización por motivos loxísticos e meteorolóxicos, mantendo datas e horarios e con acceso libre para a cativada
O Concello de Miño impulsa unha campaña para apoiar o comercio de proximidade
‘Merca en Miño, no comercio local gañamos todos’ anima á veciñanza a consumir nos negocios do municipio
A música volve converterse en solidariedade na Coruña co concerto benéfico ‘Un recordo feito música
O Auditorio da Sede Afundación acollerá o martes 23 de decembro, ás 19.00 horas, onde a recadación destinarase á Asociación Párkinson Galicia-Coruña
O Tren de Nadal volve a Sada con paseos gratuítos durante dúas xornadas
O luns 22 e o martes 23 de decembro haberá saídas periódicas dende a Praza de San Roque en horario de mañá e tarde, de balde para todos os públicos
Vilarrodís celebra o Nadal cunha chocolatada veciñal e un obradoiro infantil de galletas
A cita será o sábado 27 de decembro no centro social de Vilarrodís, entre as 16.30 e as 20.00 horas, con chocolate quente para a veciñanza e unha actividade para que a rapazada elabore e decore as súas galletas
Betanzos e Coirós reforzan a vixilancia no río pola alerta vermella por avenidas no Mandeo-Coirós
Augas de Galicia elevou o nivel de aviso na estación de control do Mandeo en Coirós e o Concello de Betanzos anunciou un dispositivo de seguimento na súa contorna fluvial; a Xunta mantén activado o Plan Inungal en preemerxencia, segundo a comunicación municipal
A Coruña entra na recta final da ampliación de BiciCoruña con sete novas bases xa operativas
O Concello suma 79 estacións na rúa tras activar puntos en Os Mallos, Ensanche, Monte Alto, Pescaría, Agra do Orzán (Ventorrillo) e Os Castros, e deixa instalada outra base nos exteriores da intermodal da Sardiñeira, pendente das probas técnicas
Peter Punk aterrará en Sada cun Nadal ‘gamberro’ para toda a familia
A Casa da Cultura acolle o luns 22 de decembro, ás 18.30 horas, o espectáculo infantil e familiar ‘Un Nadal chungo que te cagas’, con entrada libre ata completar aforo
Papá Noel percorrerá as parroquias de Ordes o 24 de decembro cunha ruta con doce paradas
O itinerario arrinca ás 10.00 h en Parada e remata ás 12.45 h en Montaos, con puntos de encontro en locais sociais, igrexas e campos da festa
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Este luns ofreceremos información puntual e actualizada do Sorteo de Nadal
Daremos conta de todos os detalles, tanto dos números premiados como dos lugares onde se repartiron
GaliciaXa
O Campionato Galego de Rallys do próximo ano dará comezo en febreiro nas Pontes
O da Coruña non figura na relación de probas para 2026 pola decisión da organización de desvincularse da proba autonómica
Os máis pequenos do Club BTT Caimanes Betanzos visitan a Comercial Tocho na súa cita navideña con Papá Noel
A entidade destaca o apoio do seu patrocinador e pon en valor unha xornada pensada para que a canteira do club viva 'momentos especiais' antes de encarar a nova tempada
A Coruña recibe un premio estatal pola innovación en seguridade escolar co programa 'Aprende Seguro en Aulas Seguras'
O proxecto da Unidade Agente Tutor da Policía Local foi recoñecido nos IV Premios Nacionais ás Boas Prácticas do Programa Marco Agente Tutor
Vilasantar busca voluntariado para colaborar na cabalgata dos Reis Magos
O Concello fai un chamamento para atopar tres persoas que axuden a facer posible a xornada máis ilusionante para a cativada
O Museo do Xacemento Romano de Cambre abre a exposición 'Fauna esencial', con 28 imaxes de gran formato sobre biodiversidade
A mostra inaugúrase o martes 23 ás 9.30 h e poderá visitarse do 22 de decembro ao 25 de xaneiro no espazo cultural da Praza do Mosteiro
A Sementeira de Cambre leva o seu Concerto de Nadal ao auditorio do Conservatorio de Culleredo
A cita será o domingo 21 de decembro, ás 20.00 horas, e incluirá unha recollida solidaria de alimentos para a Despensa Municipal de Cambre
Entregados os diplomas aos alumnos da UNED Sénior da Coruña
Natividade González resaltou a importancia da colaboración institucional para garantir a continuidade deste proxecto
A profesora bergonesa Fina Paulos logra un primeiro premio estatal por unha experiencia para mellorar a competencia dixital do alumnado
O Ministerio de Educación recoñeceu o traballo desenvolvido no IES Maximino Romero de Lema (Baio-Zas), premiado na categoría de Secundaria na primeira edición destes galardóns
Miño saca adiante por unanimidade un obradoiro de emprego comarcal e varias iniciativas para mellorar o transporte
O pleno tamén deu luz verde á participación no POS+ Adicional 4/2025 e rexeitou dúas mocións do PP e do BNG





