AcorunaXA
Youtubeiras+ bate récord con 126 canles e cita a final no Teatro Jofre o 7 de febreiro
Sol Agra destaca o carácter colaborativo do certame e o seu papel para reforzar o galego na mocidade e nos espazos dixitais
Arteixo destina 400.000 euros a renovar catro rúas e a crear un novo parque de 1.500 metros cadrados
Tras rematar as actuacións en Aurelio Aguirre e Manuel Murguía, o Concello levará a licitación en febreiro as obras en Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Valle Inclán
Queirís acolle un curso de percusión tradicional con Kinhos o 31 de xaneiro
A ACR Collantres programa a formación na Antiga Escola de Queirís, en Coirós, con quendas para público infantil e para xuventude e persoas adultas
‘Os tres porquiños’ chega este sábado ao auditorio García Márquez de Oleiros cun musical para público infantil
A compañía Educateatro representará a obra o 24 de xaneiro ás 18.00 horas, nunha versión do conto con bonecos a tamaño real e pensada para familias con crianzas a partir de 2 anos
Terras de Ordes preséntase en FITUR como ‘o primeiro xeodestino mural’ de España
A Mancomunidade levará a Madrid este xoves 22 de xaneiro, ás 18.30 horas, a marca turística da comarca e un audiovisual sobre os seus atractivos, dentro do stand de Turismo de Galicia en IFEMA
Sarabela Teatro leva a Arteixo a montaxe ‘O dragón de ouro’ no CCC Manuel Murguía
A función será o venres 23 de xaneiro ás 20.30 horas no auditorio do Centro Cívico Cultural e as entradas custan 4 e 3 euros
A nova área verde de Someso toma forma tras a iniciativa veciñal nos Orzamentos Participativos de 2023
O Concello inicia as obras na parcela da rúa Lamelas, entre o CIFP Someso e Espacio Coruña, cun investimento de máis de 100.000 euros, nun proxecto impulsado pola veciñanza da zona
O programa ‘De Baile en Baile’ leva este sábado a festa para maiores á Casa do Pobo de Nós
A cita será o 24 de xaneiro, de 17.00 a 20.00 horas, coa música do Dúo Crazy e un novo servizo de recepción e acompañamento para as persoas participantes
A Coruña renovará a frota da recollida do lixo con nove camións de carga lateral por 2,8 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato a Volvo Trucks España con financiamento Next Generation e unha garantía que chega aos cinco anos
A folga do autobús na provincia da Coruña chega á oitava xornada sen achegamento entre as partes
A CIG afirma que a patronal condiciona a mediación á suspensión do paro e lembra que hai novas xornadas o 20 e o 23 de xaneiro, antes de que a convocatoria poida pasar a indefinida o 2 de febreiro
O PSdeG reúnese co comité de Losán na Coruña para abordar os impagos e a continuidade das fábricas
Silvia Longueira, Diego Fernández e Obdulia Taboadela analizaron cos representantes laborais do persoal a situación das preto de 200 persoas afectadas en Galicia, nun contexto de mobilizacións polo atraso no cobro de nóminas
A Coruña será sede do Campionato de España de Ruta en 2027, con Milla, 5K e Medio Maratón
A RFEA escolleu a cidade para acoller as tres probas e o Concello destaca que a designación consolida A Coruña como referente na organización de grandes eventos deportivos
Paderne organiza unha nova excursión ao spa de Vilalba para maiores de 60 anos
A saída ao Hotel Spa Attica 21 será o mércores 11 de febreiro, con bus desde a Casa do Concello ás 9.30 horas e sesión termal de 11.00 a 12.30 por 10 euros
Paula Purriños proclámase subcampioa galega absoluta de taekwondo no campionato disputado en Tomiño
A deportista de Betanzos chegou á final no seu debut en categoría sénior, mentres Sebas e Adriana rozaron tamén un chanzo máis no Campionato Galego Absoluto tras combates moi igualados
Bemantes celebra o Entroido e San Valentín cunha comida-baile o 14 de febreiro
A Comisión de Festas organiza en Miño unha xornada con sesión vermú e tardeo co Dúo Estrellas, xantar con cocido e sorteo de agasallos
A Deputación da Coruña levará a FITUR a invitación para vivir a eclipse total do 12 de agosto na provincia
A institución presentará o xoves 22, ás 11.00 horas, a proposta ‘Un atardecer, dous solpores: a eclipse na provincia da Coruña’, coa astrofísica Begoña Nicolás, e reivindica un turismo ‘diverso, de calidade e competitivo’
CUAC FM celebrará os seus 30 anos cun gran concerto no Teatro Colón da Coruña o 27 de marzo
Pedro Pastor y Los Locos Descalzos, Sílvia Penide e César de Centi forman o cartel dunha cita que comezará ás 20.30 horas e xa ten as entradas á venda
O Partido Popular e o BNG cruzan mensaxes en Oleiros tras a sentenza do TSXG polo derrubo de Casa Carnicero
Os populares celebran a absolución de Ángel García Seoane, mentres os nacionalistas piden ‘blindar’ a protección do patrimonio e máis transparencia institucional
As confrarías da Costa da Morte sumaranse este luns na Coruña ás protestas contra o novo control pesqueiro da UE
O sector anuncia paro e mobilizacións por considerar ‘imposibles de cumprir’ as novas obrigas como o rexistro desde o ‘kilo cero’ e o aviso de chegada con catro horas, mentres agarda unha reunión co Ministerio ás 16.00 horas
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Ferrol Análisis, 36.
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa
“A custodia do territorio e dar a coñecer espazos de gran interese ecolóxico e científico é fundamental”
GaliciaXa
Galicia continúa incrementando a súa poboación con case 6.000 habitantes máis no primeiro semestre
Os datos do IGE publicados poñen de manifesto a tendencia demográfica positiva que rexistra a comunidade galega, que sumou case 15.000 persoas máis nun ano
O Marketing que está a funcionar nos Negocios Locais da Coruña en 2026
A Coruña vive un paradoxo que moitos autónomos e pemes coñecen ben. Hai demanda, hai movemento nas rúas e, con todo, cada vez custa máis converter esa actividade en clientes constantes
Arrinca a plantación do bosque autóctono no CEIP Valle Inclán na parcela cedida polo Concello de Oleiros
O proxecto, ligado ao programa 'Aprender do bosque' da Fundación María José Jove e co apoio do CFEA de Guísamo, comezou coa participación de oito aulas e coa plantación de bidueiras, sobreiras, castiñeiros e carballos.
Comezan os traballos previos para renovar a pasarela entre estacións sobre Alfonso Molina
O Concello iniciou as cimentacións e o aprovisionamento de materiais da pasarela provisional, coa que se manterá o itinerario peonil entre Catro Camiños e Os Mallos mentres se intervén na estrutura actual.




