AcorunaXA
Os comités de Losán reclaman á SEPI un plan industrial ‘real e vinculante’ para garantir emprego e produción
A representación social advirte de que a incerteza afecta a preto de 800 persoas e lembra o peso das plantas de Curtis e Vilasantar, con máis de 200 traballadores, polo que convocan mobilizacións o 5 e o 12 de febreiro
Oleiros e o COAG poñen en marcha un sistema para axilizar licenzas e expedientes urbanísticos
O convenio permite que o Concello acceda á documentación visada polo Colexio de Arquitectos coa referencia do expediente, reducindo trámites e gañando en seguridade
REAIM 2026 abre en A Coruña o debate sobre a IA militar e Formoso pon o foco na industria de defensa
O presidente da Deputación defende que o sector impulsa innovación, talento e emprego e sinala Ferrolterra e a AESIA como exemplos dun ecosistema xa consolidado
O Mendo e o Mandeo desbórdanse en Betanzos e deixan incidencias por inundación en varias zonas
A crecida coincidiu coa marea e a choiva arredor das 5.30 horas e afectou A Ribeira, o Paseo da Tolerancia, o porto e áreas do Carregal e o Pasatempo
Acón e Fontán dan un ultimato a Ferraz e estudan ir aos xulgados polas súas denuncias internas
As exconcelleiras socialistas advirten de que recorrerán á vía xudicial se o PSOE non resolve as queixas por presunto acoso contra Inés Rey e José Manuel Lage
O Entroido en Culleredo enche febreiro de festas nos centros sociais e propostas para todas as idades
O programa municipal inclúe Entroido infantil e de maiores, animación no rural, un obradoiro na biblioteca e a romaría de San Blas de Veiga
As urnas deciden hoxe, 4 de febreiro, se se desconvoca a folga indefinida do autobús na provincia da Coruña
O preacordo entre patronal, UGT e CCOO sométese este mércores ao voto duns 2.500 traballadores mentres a CIG mantén o seu rexeitamento e advirte de que, se non se ratifica, os paros poderían reactivarse de novo
‘Paisaxes Públicas’ repasa medio século de transformación do espazo urbano coruñés
A obra percorre as intervencións en prazas e parques entre 1975 e 2025 e reivindica o espazo público como eixo dunha cidade máis democrática e habitable
Fernando Rey, impulsor da Asociación de Veciños de Teixeiro: ‘Queremos unha canle para informar e trasladar prioridades’
Coa entidade recentemente rexistrada e preto de 50 socios, o colectivo arrinca cun primeiro paquete de peticións e pon o foco en obras, servizos, seguridade e en proxectos do polígono como a planta de biometano ou o centro de datos
A Feira de Ciencia Isabel Zendal volve ao Aquarium Finisterrae con entrada de balde e dez obradoiros divulgativos
A VIII edición celebrarase o sábado 7 de febreiro con actividades para todos os públicos e reserva previa de entradas desde o mércores 4 ás 09.00 horas
A Deputación da Coruña chama a ‘repensar’ os patrimonios marítimos nunhas xornadas na Coruña
A cita, titulada ‘Memoria entre mareas’, celebrarase o venres 6 e o sábado 7 na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Coruña con foco no traballo do mar, a memoria e a perspectiva de xénero
Culleredo leva a pleno un plan de obras de 1,3 millóns de euros con fondos provinciais e foco no rural
As actuacións do POS+ priorizan a seguridade viaria en varias parroquias e inclúen tamén a reforma das prazas de Tierno Galván, na Acea de Ama
O BNG levará ao Pleno as queixas do persoal do CHUAC polo transporte e a falta de aparcadoiro
Avia Veira reuniuse con traballadoras do complexo hospitalario e advirte de que as obras están a agravar os problemas de acceso
Irixoa celebrará o Entroido 2026 cunha gran festa e concurso de disfraces
A cita será o luns 16 de febreiro na carpa do campo da festa, amenizada pola Orquestra Fuego
A Comisión de Festas de Bragade anuncia 'aforo completo' para o cocido do 7 de febreiro
O xantar celebrarase no local de Monte Medela desde as 13.00 horas e incluirá sesión vermú e tardeo con Aixa Romay
A falta de persoal agrava os atrasos no reparto postal na Coruña e acumula milleiros de envíos pendentes
As unidades de distribución traballan por baixo de mínimos e as demoras afectan cartas e notificacións administrativas, nun contexto de reorganización interna e medidas de captación de persoal
O CEIP Plurilingüe Bragade abre as súas portas ás familias antes do prazo de admisión do curso 2026/27
O centro de Cesuras celebrará xornadas de portas abertas os días 20, 24 e 27 de febreiro e lembra que as solicitudes de novo alumnado poderán presentarse do 1 ao 20 de marzo
Bergondo organiza unha saída sociocultural ao Entroido dos Xenerais da Ulla o 17 de febreiro
A excursión inclúe visita guiada a Santiago e desprazamento á Estrada para asistir ao desfile e aos atranques
Yandel actuará no Coliseum da Coruña o 12 de xullo na súa única data en Galicia
As entradas saen á venda este martes 3 de febreiro ás 12.00 horas, con prezos desde 45 ata 130 euros
Sada abre o calendario 2026 de saídas medioambientais guiadas con tres rutas no primeiro trimestre
As excursións, gratuítas e deseñadas pola Sociedade Galega de Historia Natural, xa comezaron coa visita á Lagoa e areal de Baldaio
Prata e bronce para o Club Natación Arteixo no Nacional de 5 quilómetros en piscina de Elche
Mateo García Castro e Paula Otero subiron ao podio absoluto e lograron a mínima para competir no Europeo de augas abertas de París 2026
A Coruña acollerá este 3 de febreiro a protesta de CCOO en CaixaBank para reclamar melloras laborais
O sindicato chama a concentrarse ás 12.00 h na oficina da rúa Corcubión, 21, mentres a entidade presume de beneficios récord e aumenta a presión comercial
O BNG pide actuacións urxentes na N-VI ao seu paso por Coirós
Néstor Rego anuncia iniciativas no Congreso para mellorar a seguranza viaria nun tramo sen pasos de peóns nin medidas efectivas de redución da velocidade
En suspenso a folga indefinida do autobús na Coruña tras un preacordo entre patronal e sindicatos
UGT e CCOO avalan o texto mentres a CIG o rexeita; a última palabra terana as asembleas do persoal, que poderían celebrarse este mércores




