AcorunaXA
Luís Alonso Girgado será nomeado Cunqueiriano de Honra de 2026 en Mondoñedo
O ensaísta e crítico literario recibirá a distinción o 28 de febreiro no Salón de Plenos do Concello, nun acto institucional ao mediodía
A Asociación de Veciños San Antonio de Sada organiza unha Festa de Entroido en Riobao
A celebración terá lugar o 15 de febreiro, a partir das 17.00 horas, na antiga Cámara Agraria, con actividades para público familiar
A Asociación de Veciños de Souto organiza o Cocido en A Gurita, en Paderne
A comida celebrarase o 22 de febreiro, ás 14.00 horas, con aforo limitado e inscrición aberta ata o 17 de febreiro
A Asociación Raiña Paraíso impulsa unha nova edición do curso de agricultura ecolóxica en Vilasantar
A formación, dirixida a persoas desempregadas, iniciarase en marzo de 2026 na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
Sada impulsa o comercio local cunha campaña especial polo San Valentín 2026
O Concello e ACESADA organizan unha iniciativa que se desenvolverá do 9 ao 14 de febreiro e que incluirá un sorteo con premios para a clientela
Alerta vermella por crecida do río Mandeo na estación de control de Coirós
Augas de Galicia elevou a aviso vermello o punto Mandeo-Coirós e a Xunta mantén activo o plan de risco de inundacións en fase de preemerxencia
O Concello de Curtis reclama ao Goberno o arranxo 'inmediato' da N-634 polo seu estado de 'ruína técnica'
O consistorio alerta do perigo no tramo entre os quilómetros 664 e 677, ao paso por Teixeiro, onde as fochas obrigan a manobras arriscadas e xa provocaron danos en vehículos
AMariñaXa | ACoruñaXa
Opinión: Siro, música e humor
A nova musical máis actual e mesmo 'Ma non troppo'
Unha nova etapa no PP de Culleredo tras un congreso multitudinario no Burgo
Izaskun García foi elixida presidenta do PP de Culleredo co 98% dos votos no II Congreso Local, arroupada por Miguel Tellado e Evaristo Ben, cunha mensaxe clara de rumbo cara ás municipais de 2027
Maquinaria de segunda man e tradición ecuestre, protagonistas dunha fin de semana no Mesón do Vento
Ordes celebra os días 7 e 8 de marzo a Festa do Lacón con Grelos, que incorpora a primeira feira de maquinaria usada e un completo programa de probas de andadura o domingo
Foliada, pulpada e verbena para festexar San Blas en Oleiros
A parroquia de Santa María de Oleiros acollerá misas, foliadas, pulpeira, lacón e verbenas cun programa repartido en tres xornadas
A alcaldesa salienta o Anuario Brigantino como unha 'referencia imprescindible' para a memoria e a identidade de Betanzos
María Barral participou na presentación do número 47 e puxo en valor o papel da publicación como ponte entre a investigación e o coñecemento local
A Coruña renderá homenaxe a Rogelio Groba cun concerto este domingo no Teatro Colón
O Concello, a Fundación Groba e a Orquestra de Cámara Galega organizan unha cita anual con entrada de balde, este 1 de febreiro ás 19.00 horas
Triskell organiza en Lariño unha Festa do Entroido con cocido o 15 de febreiro
A cita será ás 14.00 h na Parrillada Cabanas cun o prezo é de 28 euros para socios e 38 euros para non socios, con inscricións abertas ata o 7 de febreiro
A reforma integral de Sanjurjo Carricarte e Hersa impulsa a renovación urbana no centro de O Burgo
O Concello encargará un proxecto para rehabilitar e reordenar as dúas rúas semipeonís, cun investimento estimado de 500.000 euros
Arteixo presenta o Entroido 2026 cunha fin de semana festiva e dous días grandes de desfiles, concursos e Queima do Meco
O martes 17 celebrarase o desfile de adultos e o mércores 18 a comitiva fúnebre rematará no Anfiteatro
O BNG de Betanzos apoiará os orzamentos de 2026, pero advirte de que son 'moi lonxe' do seu modelo
As nacionalistas destacan a partida para crear o CIM, a redución do gasto superfluo e o compromiso de baixar débeda, e ligan a aprobación á presentación de plans de turismo, comercio e vivenda e á convocatoria da Mesa da Ría
Irixoa pon en marcha os 'Xoves de coidados' con saídas terapéuticas ao balneario de Guitiriz
O programa de envellecemento activo, en colaboración coa Deputación, ofrece unha xornada ao mes para persoas pensionistas de 60 ou máis anos con 30 prazas por sesión e un copagamento de 10 euros
Constitúese a comisión municipal de seguimento da candidatura da Coruña ao Mundial 2030
O órgano, presidido por José Manuel Lage, acorda facilitar aos grupos o acceso aos expedientes e volverá reunirse antes de rematar febreiro
O BNG pide á SEPI que garanta o mantemento do emprego no Grupo Losán
Néstor Rego reclama ao Goberno do Estado canles de comunicación coa empresa, o comité e a Xunta e un plan de viabilidade para asegurar a actividade en Curtis e Vilasantar
A Deputación da Coruña pecha filas co persoal do Grupo Losán e reclama unha solución ao conflito laboral
O pleno aproba por unanimidade unha declaración institucional e os portavoces dos grupos reúnense co comité de empresa antes da sesión
A Deputación da Coruña pide á Xunta 'implicación inmediata' para desbloquear o conflito do transporte por estrada
O pleno aproba tamén instar a elevar ao 100% o financiamento do SAF e dá luz verde por unanimidade a unha moción do PP sobre o Regulamento europeo de Control Pesqueiro
A Xunta encargará por preto de 100.000 euros o proxecto para 14 vivendas públicas en Vilarrodís, Arteixo
A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia adxudicará a redacción do proxecto e a dirección de obra por 99.495 euros, nunha promoción cuxas obras se estiman en 2,7 millóns
O Sindicato Labrego retoma en Ordes as sesións de ‘Compartindo Saberes e Sabores’ con obradoiros mensuais
A próxima cita será o venres 6 de febreiro, ás 11.00 h, na Espenica, cunha actividade para aprender a facer pan




