AcorunaXA
Rueda visita as obras da depuradora de Sada: investimento de 12,6 millóns e 30 meses de execución
O maior proxecto en décadas no municipio, que mellorará a calidade do tratamento de augas sen interromper o servizo
A Coruña e a súa área piden á Xunta unha mesa política para redefinir a estratexia aeroportuaria galega
Inés Rey reúne a rexedores da comarca e á Deputación para reclamar coordinación, complementariedade entre Alvedro, Lavacolla e Peinador e respostas ante a fuga de pasaxeiros cara a Sá Carneiro
Bergondo busca unha solución estable para o Club de Remo Olímpico do Mandeo entre reclamacións do BNG e límites legais en O Pedrido
O Concello reivindica o apoio prestado ao club e traballa en dúas vías —edificio público multiusos e posible cesión dunha parcela de Fenosa— mentres o BNG pide á Xunta axuda urxente e un parque de botes provisional
A Xunta achega 342.000 euros para modernizar Montegolf: Arteixo, Culleredo e A Coruña crearán unha zona deportiva compartida
O proxecto, cun investimento total duns 684.000 euros, rehabilitará e ampliará o complexo da Zapateira con vestiarios, espazos polivalentes, áreas verdes, pistas multideporte e piscina ao aire libre
Comeza o Oktoberfest gourmet con dobre cea-maridaxe na Coruña
Dúas noites para viaxar a Baviera a través de cinco cervexas e cinco pratos de inspiración alemá, cun percorrido pola historia da festa desde 1810.
Oza-Cesuras licita a obra para abrir un albergue turístico na planta baixa do antigo sanatorio
Despois do convenio Xunta–Concello asinado en xuño, o proxecto sae a concurso por uns 518.000 euros e prevé accesos adaptados e melloras de integración paisaxística na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas
O PP denuncia baixa execución en rehabilitación e sinala atrasos en varias obras municipais na Coruña
Segundo o grupo popular, en 2024 quedaron sen executar 3 millóns dos 4,1 destinados a rehabilitación e persisten demoras en proxectos de vivenda e equipamentos
O BNG de Miño denuncia a falta de limpeza dos sumidoiros e esixe unha actuación inmediata
Os nacionalistas propoñen que o Concello asuma de xeito excepcional a limpeza mentres non se licita o novo contrato, para evitar atascos, cheiros e riscos de inundación
Voluntariado ambiental crea charcas para anfibios xunto ao río Brexa en Carral
A actuación, guiada por persoal especializado, rehabilitou microhábitats de cría e refuxio para rás, sapos e invertebrados acuáticos nun treito do río
Taller de carbón activado con microorganismos en Arteixo
Hai 15 prazas con prioridade para empadroados/as
A UDC convoca o XIII Concurso 'Ángeles Alvariño' de traballos académicos con perspectiva de xénero
A Oficina para a Igualdade de Xénero destina 5.000 euros en premios e premiará dous TFM e dous TFG
Carreira da Muller na Coruña: máis de 8.000 participantes e 6,3 km polo paseo marítimo
A proba do domingo 28 homenaxea ‘A Ciencia é feminino’ e á olímpica Julia Benedetti, incorpora 50 dorsais solidarios para ACADAR e apoiará a AECC con 90.000 €
Acollida humanitaria na Coruña: 15 menores refuxiados de Mali xa están na residencia do IES Rosalía Mera
A Deputación habilita un espazo en colaboración coa Secretaría de Estado de Migracións e a ONG Ecos do Sur para garantir apoio integral e actividades de integración
CETIM se instalará en Arteixo e Culleredo perde a oportunidade de rehabilitar La Cros
Impacto no emprego e na recuperación de La Cros tras a elección de Arteixo como sede do centro tecnolóxico
Sada impulsa o deporte con 172.000 euros para melloras en instalacións e novos equipos
O goberno local levará ao pleno unha modificación de crédito de 600.000 euros que inclúe esta partida para reforzar a piscina municipal, ampliar actividade e renovar material deportivo
Os tomates cherry de Lúa de Dexo elixidos como os mellores de España no Festival do Tomate
A explotación de Francisco Gil e Sonia Rodríguez, en Dexo (Oleiros), suma varios recoñecementos nacionais grazas á súa variedade ‘A Marola’ e a outras propostas gourmet
O Concello de Miño licita a renovación de 19 viales con unha inversión de 234.000 euros
As actuacións abranguen camiños en Miño, Bemantes, San Xoán, Castro, Carantoña, Leiro e Callobre; proxectos complementarios en Perbes saírán a licitación en breve, pendentes de autorizacións de ADIF
O punto limpo móvil de Coirós recorrerá o municipio ata xaneiro para facilitar a entrega de residuos
O servizo descentralizado visitará a Área de Santiago de Ois, Queirís, Centro Social e O Fontelo en turnos semanais
Cruzamentos perigosos, proposta de pasos elevados e velocímetros en Caión
Arteixo Futuro pide elevar o paso de peóns e instalar velocímetros informativos na avenida de Caión coa finalidade de reducir a velocidade e aumentar a seguridade
Familias de Cambre alertan pola falta dunha liña de autobús ao IES Alfonso X O Sabio e pola ausencia de apoio docente no CEIP de Sigrás
O Grupo Municipal Socialista levará ao pleno dúas mocións para esixir transporte escolar urxente e máis profesorado de apoio tras as queixas de nais e pais pola falta de PT, AL e substitucións
Alerta do incremento de custos para cooperativistas en Xuxán e o PSOE pide a intervención da Xunta
O Grupo Parlamentario Socialista leva ao Parlamento as queixas das persoas afectadas pola modificación do plan económico de Galivivienda, que eleva achegas, acurta prazos e podería desvirtuar o carácter social da promoción en A Coruña
A oposición de Oleiros denuncia contratacións opacas e pide máis transparencia no gasto público
Reclama explicar funcións e custos do persoal de confianza, e critica cambios de asesores ligados a outros concellos
Volve 'A noite europea das persoas investigadoras' na Coruña
A UDC coordina a G-Night con actividades gratuítas este venres en nove espazos da cidade e nos campus, con obradoiros, visitas e charlas para público escolar e adulto
O Auditorio do Burgo acolle este venres a comedia teatral ‘Testosterona’ de Malasombra Producións
A función, con entrada de balde mediante reserva previa, forma parte da programación de outono ‘Culleredo en Escena’ e da Rede Cultural da Deputación da Coruña




