Esta é a programación completa da XXI Semana Internacional do Cine de Betanzos

ACoruñaXa
O Cine Alfonsetti de Betanzos acolle o festival de cine do 16 ao 20 de xullo que este ano dedica as súas actividades ao actor galego Luis Tosar baixo o título 'O actor total'
Imaxe do cartel da XXI Semana Internacional do Cine de Betanzos
Imaxe do cartel da XXI Semana Internacional do Cine de Betanzos
3 Xul 2024

O Cine Alfonsetti de Betanzos acolle do 16 ao 20 de xullo a XXI Semana Internacional do Cine de Betanzos. As entradas aos eventos serán gratuitas ata completar a capacidade das salas.

Neste sentido, as actividades deste ano dedícanse ao actor galego Luis Tosar baixo o título 'O actor total'. Antón Reixa, Manuel Rivas, Enma Lustres, Tamara Canosa e Isabel Blanco estarán en Betanzos para a ‘Semana de Cine de Luis Tosar’.

A semana so cine fondará na carreira do actor, a quen se lle entregará o Premio da XXI Semana Internacional de Cine de Betanzos.

Programa:

MARTES 16 de XULLO

18.00 Flores de otro mundo | Icíar Bollaín | 1999 | 100 min

20.00 Inauguración | Con María Barral, Alcaldesa de Betanzos e Chema Paz Gago, director da Semana de Cine

20.30 El lápiz del carpintero | Antón Reixa | 2003 | 109 min | Con Antón Reixa, director e Manuel Rivas, autor da novela adaptada

MÉRCORES 17 de XULLO

18.00 Corrupción en Miami (Miami Vice) | Michael Mann | 2006 | 122 min

20.30 La flaqueza del bolchevique | Manuel Martín Cuenca | 2003 | 95 min

XOVES 18 de XULLO

18.00 Ventajas de viajar en tren | Aritz Moreno | 2019 | 102 min

20.30 El desconocido | Dani de la Torre | 2015 | 91 min | Con Emma Lustres, productora (Vaca Films)

VENRES 19 de XULLO

18.00 En los márgenes | Juan Diego Botto | 2022 | 105 min

20.30 Maixabel | Icíar Bollaín | 2021 | 115 min | Con Tamara Canosa, actriz

SÁBADO 20 de XULLO

18.00 Fátum | Juan Galiñanes | 2023 | 91 min

20.30 Alfombra roja y Gala de clausura | Con María Barral, Alcaldesa de Betanzos, e Isabel Blanco, actriz e presentadora | Entrega do Premio da XXI Semana Internacional de Cine de Betanzos a Luis Tosar

cartel-semana-2024-gal-scaled
0.082710027694702