Xurxo Souto presenta na Coruña o seu último libro ‘A Novela do Bravú’

ACoruñaXa
Será este venres en Portas Ártabras
xurxo-souto-portas-artabras
4 Dec 2025

O venres 5 de decembro ás 20:00 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro de Xurxo Souto, titulado ‘A Novela do Bravú’, publicado por Xerais. Durante o acto, organizado pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, o autor estará acompañado por Marisol Manfurada

A obra, explia o autor, vai máis alá de ser un simple libro sobre música, é unha experiencia colectiva que narra o movemento dun grupo de xente nova nos anos 90 que, empregando o galego como ferramenta, cuestionou o discurso dominante e conectou de forma intensa coa súa realidade, deixando unha pegada profunda na súa xeración.

Xurxo Souto, nacido na Coruña en 1966, é un referente da cultura galega contemporánea. Ao longo da súa carreira, gravou o disco ‘Capetón’ cos Diplomáticos de Monte-Alto, dirixiu programas na Radio Galega, e publicou varias obras destacadas, entre elas ‘Contos do mar de Irlanda’ e ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’. Esta presentación recolle o seu traballo máis recente e continuará a súa conexión coa cultura galega desde unha perspectiva tanto musical como literaria.

⚙ Configurar cookies
0.090346097946167