Xunta e Concello de Vilarmaior analizan melloras en infraestruturas para o municipio

ACoruñaXa
O alcalde, Carlos Vázquez Quintián mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue
vilarmaior
21 Mar 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reuniuse co alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez Quintián, para tratar actuacións de interese para o municipio en materia de infraestruturas. O encontro tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta na Coruña e contou tamén coa presenza da delegada do Goberno galego na provincia, Belén do Campo.

Durante a xuntanza, a conselleira destacou a importancia da cooperación entre administracións para impulsar proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza. Neste sentido, abordáronse diversas iniciativas destinadas a optimizar as infraestruturas locais e garantir un desenvolvemento sostible no concello.

 

⚙ Configurar cookies
0.74190902709961