Xunta e Concello de Culleredo buscan unha solución para mellorar a seguridade peonil en Ledoño

ACoruñaXa
Os equipos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) xa iniciaron os traballos para definir unha proposta
cull-vivienda
27 Jun 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, na sede de San Caetano, na que abordaron varias actuacións de interese para o municipio, entre elas a mellora da seguridade viaria na contorna de Ledoño.

Durante o encontro, a titular de Infraestruturas da Xunta trasladou a disposición do seu departamento para traballar xunto ao Concello de Culleredo na procura dunha alternativa que permita mellorar o paso peonil na estrada autonómica AC-523. Segundo informou, os equipos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) xa iniciaron os traballos para definir unha proposta que dea resposta ás demandas veciñais da zona.

Co obxectivo de avanzar cara a unha solución pactada, está previsto que técnicos da Xunta e do Concello manteñan proximamente unha nova reunión de traballo.

María Martínez Allegue quixo deixar claro o compromiso da Xunta neste tipo de iniciativas, destacando que “o compromiso do Goberno galego é colaborar cos concellos e impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural”.

⚙ Configurar cookies
0.16514301300049