Xosé Troiano impartirá unha conferencia sobre as campás da cidade da Coruña

ACoruñaXa
A entrada será libre ata completar aforo, nunha actividade organizada por Amigos dos Museos de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña
Portas-Ártabras-A-Coruña
22 Jan 2025

O investigador e divulgador da historia e do patrimonio galego Xosé Troiano impartirá unha conferencia este xoves, 23 de xaneiro, ás 20.00 horas no Espacio de Cultura de Portas Ártabras da Coruña.

Na súa intervención, Troiano ofrecerá unha pequena escolma arredor das campás en Galicia, facendo un enfoque especial nas campás da cidade da Coruña.

Durante a conferencia, o público poderá coñecer detalles sobre a descrición destas campás, o seu proceso de fabricación, cando e como se fan, así como a súa significancia histórica e cultural para a nosa terra.

A entrada será libre ata completar aforo, nunha actividade organizada por Amigos dos Museos de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña.

Esta conferencia será unha oportunidade única para achegarse ao coñecemento do patrimonio galego a través dunha das súas pezas máis representativas.

0.15988802909851