Xa están en marcha os novos trens Avlo de Renfe
Renfe estrea en Galicia os novos servizos Avlo. A compañía iniciou a venda de billetes para estes trens o pasado día 5, acompañados dunha campaña de ‘Superprecios’ desde 7 euros para viaxar ata o 30 de setembro. Estes servizos prestaranse cos novos trens S106 de Renfe de rodadura desplazable e con 581 prazas, que son os convois con maior capacidade de viaxeiros por tren que circulan actualmente pola rede nacional.
Á oferta comercial actual entre Galicia e Madrid sumaranse dous servizos Avlo diarios, un por sentido, que alternarán as súas orixes/destinos entre Vigo-Madrid e A Coruña-Madrid, con paso por Santiago de Compostela. Estes trens realizarán parada en todas as estacións da liña: Segovia, Medina del Campo, Zamora, Sanabria AV/AV, A Gudiña, Ourense, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra:
Madrid-Galicia: Avlo con saída ás 17:08 horas con destino A Coruña, os luns, mércores, venres e sábados, con chegada ás 21:04 horas. E destino Vigo Urzaiz os martes, xoves e domingos, con chegada ás 21:37 horas.
Galicia-Madrid: Avlo con orixe A Coruña ás 6:34 horas os martes, xoves, sábados e domingos. E de Vigo Urzaiz os luns, mércores e venres ás 5:57 horas, con saída desde Santiago ás 7:06 horas e chegada a destino ás 10:32 horas.
O resto da oferta comercial entre Galicia e Madrid mantén as súas frecuencias actuais, aínda que con algunha leve modificación horaria en tres trens (Madrid 18:25-Ferrol 0:04, A Coruña 19:30-Madrid 23:03 e Madrid 20:23 - Ourense 22:37).
A estrea do Avlo este verán chega con trens S106 con maior capacidade, 581 prazas repartidas en 12 coches en filas de 3+2, supoñerá un incremento de máis de 8.000 prazas semanais na oferta do corredor Galicia-Madrid.