Xa están abertas as inscricións do Día da Bici en Curtis
A Área de Deportes do Concello de Curtis organiza o Día da Bici, que se celebrará o domingo 11 de agosto. Unha actividade idónea para fomentar hábitos de vida saudable e para incentivar a participación de todos os veciños, sen límite de idade.
A saída será ás 10.30 horas desde o Pavillón do Concello, ou na Praza do Concello de Teixeiro, e o lugar de chegada será San Roque de Xabriño ás 11.00, aproximadamente.
Ao finalizar, darase paso ao sorteo dunha bicicleta de montaña e á entrega de premios, sempre disputada: participante máis novo, máis veterano, bicicleta máis orixinal e grupo ciclista máis numeroso.
As inscricións poden realizarse ata o 7 de agosto, nas dependencias municipais (Oficina Municipal de Curtis ou Casa do Concello de Teixeiro) ou chamando aos teléfonos 981 777 105 ou 981 789 003.
É importante, ademais, que os participantes inscritos teñan un seguro de accidentes e que leven casco obrigatoriamente.