Volven os 'Sábados Miudos' a Betanzos coa función 'Consertasso na horta'

ACoruñaXa
O espectáculo de Brais das Hortas terá lugar o sábado 16 de marzo na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo ás 18.00 horas e está destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos
Cartel de 'Consertasso na horta' nos Sábados Miudos de Betanzos
7 Mar 2024

O vindeiro sábado 16 de marzo volven os Sábados Miúdos a Betanzos co 'Consertasso na horta' de Brais das Hortas que terá lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo ás 18.00 horas.

O espectáculo está destinado a nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias e ten unha duración de 60 minutos. A actividade conta con 60 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas no Concello, que poderán asistir acompañadas de ata dúas persoas adultas.

O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto na páxina web do Concello desde o 11 de marzo ás 10.00 horas ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.

Os Sábados Miúdos volven neste ano 2024 con diversos espectáculos para os máis pequenos e pequenas que ateigarán os sábados de contos, cantigas, danza, xogos, música e lingua para desfrutar en familia. A próxima actuación será por conta de Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo 'Animalada' o sábado 20 de abril na Sala de usos múltiples.

Para coñecer máis información pode acudirse ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado no segundo andar da Casa do Concello ou chamar ao teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.

 

0.10118079185486