Visitan a a zona declarada como Área de Rehabilitación Integral (ARI) Meicende-O Petón

ACoruñaXa
A delegada da Xunta, Belén do Campo, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire
20250206_belen_arteixo_ (10)
6 Feb 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, visitaron a zona declarada como Área de Rehabilitación Integral (ARI) Meicende-O Petón, a primeira deste municipio da provincia da Coruña.

A representante do Goberno autonómico destacou que "esta declaración ten como obxectivo potenciar a rehabilitación de vivendas e obras de urbanización, reurbanización e humanización, mellorando así as condicións de vida dos veciños".

Belén do Campo explicou que o Goberno galego, a través das declaracións de ARI, busca facilitar oportunidades aos cidadáns para mellorar a calidade das súas vivendas. Con esta iniciativa, ponse á disposición dos concellos fondos destinados á execución de actuacións de urbanización e reurbanización dentro das ARI, contribuíndo á recuperación e conservación do patrimonio edificatorio dos municipios galegos.

DETALLES DA ARI

A nova ARI abrangue unha superficie de 63.091 m², que inclúe solo urbano consolidado destinado a uso residencial. A área incorpora os asentamentos orixinais de Meicende das Eiras, Sobrado, Torroal e O Petón, así como os espazos públicos que sustentan a edificación. Tamén engloba o viario antigo, que actúa como nexo de unión entre os asentamentos tradicionais e que será obxecto de intervención urbanística.

As actuacións de reurbanización previstas incluirán a totalidade do viario dentro da ARI, ademais das zonas verdes do Petón e da UA-33, situada na rúa María Zambrano.

Na área de rehabilitación discontinua residen aproximadamente 1.300 veciños e inclúe un total de 154 edificios. Deles, 343 son vivendas, das que 96 son unifamiliares tradicionais anteriores á década de 1950 e 58 son edificios plurifamiliares construídos entre os anos 60 e 80 do século pasado.

A xestión da ARI será competencia do Concello de Arteixo. Con esta nova incorporación, Galicia suma un total de 77 áreas de rehabilitación declaradas en 45 concellos, dos cales 12 pertencen á provincia da Coruña.

0.16806602478027