Vinte e cinco oleiros e oleiras daranse cita en Santa Cruz na XXXI Feira Alfaroleiros

ACoruñaXa
Ademais da exposición e venda de pezas únicas, o evento contará cunha ampla programación paralela
oleria-oleiros
4 Aug 2025

Santa Cruz converterase un ano máis no epicentro da olería tradicional coa celebración da XXXI Feira Alfaroleiros, que terá lugar do 6 ao 10 de agosto. Organizada polo Concello de Oleiros, a feira reunirá nesta edición a 25 oleiros e oleiras procedentes de distintos puntos da península ibérica, converténdose nun escaparate da diversidade e riqueza desta arte milenaria.

“Alfaroleiros é moito máis que unha mostra de olería”, destacan desde o Concello. A cita é xa un referente cultural que atrae cada verán a centos de visitantes, tanto do municipio como de fóra, interesados en coñecer de preto o traballo artesanal e a tradición cerámica.

Ademais da exposición e venda de pezas únicas, o evento contará cunha ampla programación paralela que incluirá concertos, obradoiros, demostracións en vivo, espectáculos de maxia e propostas gastronómicas vinculadas ao barro.

O Concello anima á veciñanza e visitantes a achegarse a Santa Cruz para desfrutar dun evento que combina cultura, tradición e lecer. Toda a programación pode consultarse en www.oleiros.org.

⚙ Configurar cookies
0.18638706207275