Vilasantar renova o alumeado público para reducir a contaminación lumínica e mellorar a eficiencia enerxética

ACoruñaXa
O Concello executa a instalación de novos cadros eléctricos ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
VILASANTAR mejoras luz
25 Nov 2025

O Concello de Vilasantar levou a cabo unha reforma integral de varios cadros de mando do alumeado público co propósito de diminuír a contaminación lumínica e mellorar a eficiencia enerxética da rede municipal. A actuación enmárcase no proxecto 'Redución de contaminación lumínica e mellora da eficiencia enerxética nos alumeados públicos do Concello de Vilasantar', financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU e cofinanciado pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España .

Os traballos consistiron na substitución de cadros antigos, moi deteriorados e con instalacións obsoletas, por novos equipamentos máis seguros e eficientes. As intervencións realizáronse en puntos como O Pazo, o cruce de Sesmonde, O Castro, O Toural ou O Porto, onde se renovaron os cadros e se reorganizou o cableado para adaptar o sistema ás esixencias actuais de seguridade e aforro enerxético.

Segundo o informe técnico da obra, a modernización destes cadros permitirá optimizar o funcionamento do alumeado, reducir o consumo eléctrico e minimizar o brillo innecesario cara ao ceo, contribuíndo así á loita contra a contaminación lumínica e á protección do medio ambiente. Ademais, mellórase a fiabilidade da rede, reducindo o risco de avarías e mellorando o servizo que recibe a veciñanza.

O proxecto está dirixido por un enxeñeiro técnico industrial e enmárcase nas liñas de actuación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que impulsa investimentos nos concellos para avanzar cara a un modelo enerxético máis sostible.

⚙ Configurar cookies
0.072381019592285