Vilasantar recibe unha axuda europea para mellorar a xestión dos biorresiduos

ACoruñaXa
O Concello obtén 5445 euros ao abeiro da liña L2 (Compostaxe) para implantar recollidas separadas de materia orgánica, aceite de cociña usado e téxtiles
compostaxe-recurso
22 Nov 2025

O Concello de Vilasantar resultou beneficiario das axudas destinadas ás entidades locais galegas para financiar actuacións en materia de residuos de competencia municipal. A subvención permitirá avanzar na implantación de recollidas específicas de biorresiduos, aceites de cociña usados e residuos téxtiles.

A achega concedida ascende a 5445 euros, dentro da actuación L2 (Compostaxe) do procedemento MT975T, o que supón o financiamento da maior parte do investimento previsto polo municipio.

Trátase dunha operación cofinanciada pola Unión Europea a través do fondo europeo vinculado ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (NextGenerationEU), dirixido a apoiar proxectos locais que impulsen unha xestión máis sostible dos residuos e favorezan a economía circular.

⚙ Configurar cookies
0.075223922729492