Vilasantar prepara o II Xantar de Outono con música, sorteo e menú tradicional en Présaras

ACoruñaXa
A cita será o 15 de novembro no pavillón de Présaras
VILASANTAR xantar popular
14 Oct 2025

O pavillón de Présaras acollerá o II Xantar de Outono o 15 de novembro, unha xornada festiva que combina gastronomía e música. A programación arrinca ás 14.00 cunha sesión vermú e, ao remate, dará comezo o xantar. A animación prolongarase durante a tarde coa música do Dúo Dilema e cun sorteo entre as persoas asistentes.

O menú inclúe empanada, lacón con patacas e larpeira, acompañados de viño, refrescos e chupitos. O prezo é de 25 euros para persoas adultas e de balde para menores de 12 anos. As entradas poden mercarse na Bodeguilla ou a través de calquera membro da comisión, e estarán dispoñibles ata o 12 de novembro. A organización anima a veciñanza a participar e vir facer festa.

⚙ Configurar cookies
0.073385000228882