Vilasantar organiza en Présaras un curso de defensa persoal para mulleres o 7 de febreiro


O Concello de Vilasantar promove un curso de defensa persoal para mulleres que terá lugar o sábado 7 de febreiro no local social de Présaras. A proposta desenvolverase en horario de mañá, de 10.00 h a 13.00 h, cun formato pensado para achegar ferramentas prácticas de autoprotección e reforzar a confianza persoal en situacións cotiás.
A actividade está aberta a mulleres maiores de 16 anos e tamén a menores de idade que conten coa correspondente autorización. Dende a organización lembran que, para participar, é imprescindible inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 77 82 57.