Vilasantar organiza a VII Ruta Recolledora de Cogomelos con degustación gastronómica

ACoruñaXa
A actividade celebrarase o sábado 22 de novembro con saída gratuíta desde a igrexa de Mezonzo e xantar opcional na casa O Castiñeiro por 25 euros por persoa
VILASANTAR cogomelos
19 Nov 2025

O Concello de Vilasantar volverá apostar este outono polo turismo de natureza e a gastronomía local coa celebración da VII edición da ruta recolledora de cogomelos e degustación. A proposta combina un percorrido guiado polo entorno natural do municipio coa recollida de fungos e un xantar final baseado neste produto de temporada.

A ruta terá lugar o sábado 22 de novembro, cunha saída de carácter gratuíto desde a igrexa de Mezonzo ás 10.00 horas. As persoas participantes poderán coñecer mellor as especies comestibles máis habituais, así como as normas básicas de seguridade para a recollida responsable de cogomelos.

Tras o percorrido, ofrecerase unha degustación e xantar na casa O Castiñeiro, cun prezo de 25 euros por persoa. Para participar nesta parte gastronómica é preciso anotarse previamente chamando ao teléfono 981 77 81 69.

Coa consolidación desta ruta, Vilasantar reforza a súa aposta por poñer en valor os recursos naturais do municipio e promover actividades de ocio sustentable vencelladas ao medio rural.

⚙ Configurar cookies
0.07647705078125