Vilasantar ofrece un curso de defensa persoal para mulleres no marco do 25N

ACoruñaXa
A formación celebrarase o 29 de novembro no local social de Vilasantar, en horario de tarde, e está dirixida a maiores de 16 anos e menores con autorización
VILASANTAR defensa personal
18 Nov 2025

O Concello de Vilasantar impulsa un curso de defensa persoal dirixido especificamente a mulleres con motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A actividade terá lugar o sábado 29 de novembro no local social de Vilasantar, entre as 16.00 e as 19.00 horas.

A proposta está aberta a todas as mulleres maiores de 16 anos, así como a menores de idade que conten coa correspondente autorización familiar. Durante a sesión traballaranse técnicas básicas de defensa persoal e estratexias para mellorar a seguridade e a autoconfianza en situacións de risco.

Para poder participar é imprescindible formalizar a inscrición previa. As persoas interesadas deben chamar ao teléfono 981 77 82 57, onde se lles facilitará toda a información necesaria sobre a actividade.

⚙ Configurar cookies
0.08381986618042