Vilasantar destaca a responsabilidade ambiental da súa veciñanza

ACoruñaXa
O concello agradece o uso do punto limpo municipal como alternativa segura e gratuíta aos vertedoiros incontrolados
VILASANTAR punto limpo
19 Aug 2025

O Concello de Vilasantar quere poñer en valor a actitude responsable e cívica da veciñanza que está a facer uso do punto limpo municipal. Cada día recibe numerosos mobles, electrodomésticos, madeiras, ferralla, ropua, produtos químicos e outros obxectos que xa non se necesitan, demostrando un compromiso coa conservación do entorno natural.

Estas instalacións permiten que os cidadáns depositen os residuos de forma ordenada e segura, evitando a proliferación de vertedoiros ilegais que poñen en risco o medio ambiente. A administración local lembra que o punto limpo ofrece unha opción gratuíta e legal para desbotar os obxectos, fronte a alternativas incívicas que poden causar contaminación.

O punto limpo municipal funciona os luns de 9:00 a 11:00 horas e os venres de 12:00 a 14:00 horas. Para acceder noutros horarios, a veciñanza pode contactar coas oficinas do concello chamando ao 981 77 81 69. O Concello anima a continuar usando estas instalacións e agradece a colaboración de todos na protección do medio ambiente.

⚙ Configurar cookies
0.30282211303711