Vilasantar celebrou unha nova edición do Día da Bici para promover a vida activa e o contacto coa natureza

ACoruñaXa
O evento reuniu a ciclistas de todas as idades que percorreron varias parroquias antes de desfrutar dunha merenda e dun sorteo de agasallos
Día-da-bici-Vilasantar
20 Jul 2025

O Concello de Vilasantar celebrou unha nova edición do Día da Bici, unha iniciativa coa que se busca fomentar a práctica de actividade física e poñer en valor a riqueza natural do municipio. A cita contou coa participación dunha trintena de persoas, entre elas veciños e veciñas de todas as idades.

O percorrido levounos polas parroquias de Vilasantar, Barbeito e Mezonzo, nun ambiente marcado pola convivencia e o deporte ao aire libre. A comitiva finalizou o traxecto na casa consistorial, onde tivo lugar un sorteo de material deportivo con agasallos como mochilas, camisetas ou cantimploras. Como colofón á xornada, os participantes desfrutaron dunha merenda ofrecida polo Concello.

O alcalde de Vilasantar, Fernando Fernández Pérez, tamén se sumou á actividade e destacou a boa acollida que ten cada ano esta proposta municipal. “É unha actividade que busca fomentar un estilo de vida saudable a través do exercicio físico e a participación social”, afirmou.

⚙ Configurar cookies
0.2000949382782