Vilasantar celebra 'O día da bicicleta' o domingo 21 de xullo
ACoruñaXa
Haberá rutas adaptadas tanto para cativos como para adultos
Imaxe dun ciclista
9 Jun 2024
O Concello de Vilasantar celebra o vindeiro domingo 21 de xullo o Día da bicicleta no municipio betanceiro.
O evento consistirá nunha concentración previa na casa do Concello ás 10.30 horas e a saída será ás 11.00 horas.
Haberá rutas adaptadas para cativos e adultos. O percorrido para os nenos e nenas será unha volta de circunvalación a Ru. Mentres que os adultos farán unha distancia aproximada de 8 kilómetros. Ademais durante a xornada se realizará un sorteo de material deportivo.
As inscrición están abertas na Casa do Concello ata o 25 de xuño, entregando o seguinte formulario cuberto.