Vilasantar apraza ao 28 de novembro a súa ‘Mini Make Up Party’ infantil

O Concello de Vilasantar anunciou un cambio de data na súa programación de actividades sociais e de ocio para este mes de novembro. A ‘Mini Make Up Party’, prevista inicialmente para o venres 21 de novembro, trasládase ao venres 28, mantendo o mesmo horario, ás 18.00 horas, e o mesmo lugar de celebración, o local social de Présaras.
Trátase dunha actividade pensada para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, que inclúe xogos, maquillaxe, purpurina e outras propostas lúdicas para fomentar a creatividade e o disfrute en grupo.
O Concello informou de que o resto da programación continúa sen cambios, co Taller de Manicura o martes 11 de novembro ás 17.00 horas, e o Taller de Peiteados o martes 25 de novembro, tamén ás 17.00 horas.
Todas estas actividades forman parte do programa ‘Corresponsables’, promovido pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade, coa colaboración do Concello de Vilasantar, e teñen como obxectivo ofrecer alternativas de ocio, aprendizaxe e conciliación para diferentes públicos.