Vilasantar acolle a representación para adultos 'Formigas no peto'

ACoruñaXa
Esta función combina a narración oral coa arte do teatro de imaxes e intérpretes
Formigas-no-peto-Vilasantar
24 Feb 2025

O Concello de Vilasantar será o escenario da representación para público adulto 'Formigas no peto', a cargo de Ítaca Teatro. Esta actividade inclúese na programación da Rede Cultural, organizada pola Deputación da Coruña.

A actuación terá lugar o sábado 8 de marzo, a partir das 18.00 horas, no local social de Vilasantar, cunha entrada libre para o público.

'Formigas no peto' combina a narración oral coa arte do teatro de imaxes e intérpretes. O protagonista, Carlos Rebolo, rememora a súa infancia a través de recordos e personaxes do día a día, que ofrecen unha nova perspectiva da súa historia, mesturando tamén referencias ao cine e á literatura. Estes fragmentos da súa memoria viaxan sobre as formigas que se agochan no seu peto e que, ocasionalmente, percorren o seu corpo en busca de emocións.

⚙ Configurar cookies
0.048551082611084