Vilasantar acolle a primeira edición do Día da Bici

ACoruñaXa
O Concello repartiu camisetas conmemorativas e realizou un sorteo de material deportivo
Día da bici Vilasantar
Imaxe dos participantes no Día da Bici
22 Xul 2024

O Concello de Vilasantar organizou a primeira edición do Día da Bici, á que acudiron 26 ciclistas, na súa maioría menores.

As persoas participantes, que recibiron unha camiseta cun logo deseñado para o evento, percorreron parte das parroquias de Vilasantar e Mezonzo durante unha hora e media.

Tras o paseo en bicicleta, os ciclistas regresaron á casa do concello para participar nun sorteo de material deportivo. Alí, toda a rapazada recibiu un agasallo deportivo co logo do Día da Bici de Vilasantar, podendo elixir entre unha mochila, unha gorra ou unha cantimplora.

O alcalde da localidade, Fernando Fernández Pérez, participou na xornada e salientou o obxectivo de “promover o deporte e un estilo de vida saudable, especialmente entre a rapazada; e aproveitar a fermosa contorna natural do noso municipio”.

Finalmente, os participantes recuperaron forzas cun petisco ofrecido pola administración local na praza do consistorio.

0.16002798080444