Vilarrodís celebra o Nadal cunha chocolatada veciñal e un obradoiro infantil de galletas

ACoruñaXa
A cita será o sábado 27 de decembro no centro social de Vilarrodís, entre as 16.30 e as 20.00 horas, con chocolate quente para a veciñanza e unha actividade para que a rapazada elabore e decore as súas galletas
ARTEIXO vilarrodis chocolatada
22 Dec 2025

A Asociación de Veciños de Vilarrodís organiza unha ‘chocolatada’ de Nadal para xuntar á veciñanza nunha tarde pensada para compartir en comunidade. O encontro celebrarase o sábado 27 de decembro no centro social da parroquia, en horario de 16.30 a 20.00 horas.

Ademais do chocolate quente para todas e todos, haberá un obradoiro dirixido ao público infantil no que as nenas e nenos poderán facer e pintar as súas galletas de Nadal. Dende a organización animan tamén a levar doces, sobremesas ou algún biscoito para completar a merenda e compartila entre as persoas asistentes.

A entidade veciñal destaca o carácter especial destas datas e convida a participar nunha xornada familiar e aberta, co obxectivo de vivir o Nadal ‘xuntos’ e nun ambiente de convivencia.

⚙ Configurar cookies
0.078184843063354