Vilarrodís celebra o 14 de novembro a segunda edición do seu Magosto veciñal

ACoruñaXa
A Asociación de Veciños de Vilarrodís organiza unha xornada con castañas asadas, refrescos e charlas no centro social, coa colaboración do Concello de Arteixo
ARTEIXO magosto vilarodis
22 Oct 2025

O outono chega con aroma a tradición en Vilarrodís. A Asociación de Veciños da parroquia arteixá celebrará o venres 14 de novembro, de 19.00 a 21.00 horas, a segunda edición do seu Magosto, unha cita pensada para reunir á veciñanza arredor das castañas, os contos e a boa conversa no centro social de Vilarrodís.

Tras o éxito da primeira edición, a entidade veciñal volve apostar por esta actividade que xa se consolida como unha das citas máis queridas do calendario local. Haberá castañas asadas, refrescos e narración oral, nun ambiente festivo e familiar pensado para todas as idades. A organización convida a todos os veciños e veciñas a participar e a recuperar esta celebración tradicional que cada ano marca o ritmo do outono galego. A xornada estará ambientada con música e pequenas actividades para os máis pequenos, convertendo o centro social de Vilarrodís nun espazo de festa e reencontro.

⚙ Configurar cookies
0.071146965026855